Baile

Etiquetas:
18/02/2015
O Entroido de San Román, en Cervo, repartirá 1.500 euros en premios este sábado, 21 de febreiro. Os actos inclúen desfile, concurso e baile coa Orquestra Palladium.
 
A Asociación Mulleres Rurais As Espalladoras e o Concello de Cervo presentaron hoxe o cartel e o programa do Entroido de San Román que terá lugar este sábado. No acto estiveron presentes o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Xuventude, Yolanda Pedreira, a de Cultura, Begoña Alonso, a presidenta das Espalladoras, Inés Cobas e a tesoureira, Raquel Ferreira, entidade que organiza os eventos e coa que colabora o Concello así como a Asociación de Montes de San Román e a Fundación Alcoa.
En canto ás actividades, comezarán ás 22:30 horas no pavillón da parroquia co desfile de disfraces e o concurso, no que se repartirán ata 1.500 euros en premios repartidos nas categorías individual, parellas, grupos, comparsas (máis de 10 persoas) e charangas (con instrumentos musicais...
leer más
Etiquetas:
10/02/2015
O centro sociocultural de San Cosme será escenario o vindeiro domingo, 15 de febreiro, do Festival de Entroido que organiza o Concello.
 
O centro sociocultural de San Cosme acollerá o vindeiro domingo, 15 de febreiro, o Festival de Entroido, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude  coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude. 
A cita desenvolverase entre as 18 e as 21 horas e os asistentes poderán disfrutar de cancións con música en directo, bailes e desfiles de disfraces, xogos con pelotas xigantes, probas de habilidade e globoflexia. Ao Festival de Entroido acudirán os cabezudos e o grupo de animación Ni Fu – Ni Fa. Desde a organización subliñan que “haberá agasallos para os participantes”. 
Desde o Concello animan a tod@s @s barreirenses “a acudir ao centro sociocultural de San Cosme este domingo a gozar das actividades que preparamos para...
leer más