O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en San Ciprián.
A actividade foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, Francisco Villarino.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250, 620.817.300 ou 630.864.427
O curso está previsto que arrinque o próximo 13 de setembro no pavillón do CEIP Península da Paz.
As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá.