O 4 de novembro terá lugar unha andaina entre Ribadeo e Rinlo pola ruta da costa. Haberá a presentación dun libro, música e petiscos.

A asociación cultural Francisco Lanza, coa colaboración do Concello, organiza a actividade denominada Unha tarde en Rinlo, que terá lugar este sábado, 4 de novembro.

Ás 16:00 horas será a saída desde Os Canapés para ir andando a Rinlo pola ruta da costa.

Ás 19:00 horas na escola vella, celebrarase a presentación do libro Charamuscas do escritor e percebeiro da Costa da Morte Suso Lista.

Posteriormente haberá unha actuación musical de falapandeiretas de Rinlo Erikas e Peluxías e degustación de petiscos.

Os organizadores recomendan para a volta o FEVE das 22:10 horas.