Na Casa da Xuventude, en Ribadeo, está aberta a inscrición para participar o 14 de xuño nunha actividade para toda a familia denominada "Movemento saudable no forte".

Na Casa da Xuventude, en Ribadeo, está aberta a inscrición para participar o 14 de xuño nunha actividade para toda a familia denominada "Movemento saudable no forte".
 
Movemento saudable no forte, así se denomina a actividade organizada polo CIM de Ribadeo que terá lugar o vindeiro 14 de xuño. Está destinada a toda a familia. 
A xornada dará comezo ás 10:30 horas no Cantón dos Moreno, para saír camiñando ata o Cargadeiro. Alí terá lugar a clase de 11:15 a 12:15 horas. E ao remate @s asistentes tomarán uns pinchos tod@s xunt@s. 
O prazo de inscrición para participar nesta actividade está aberta na Casa da Xuventude. A cota é de 5 euros. Desde o CIM explican que para asistir “a esta cita para toda a familia é preciso levar gorra para resgardarse do sol e tamén unha botella de auga”.