Gospel
11/04/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo colabora coa ANPA da Escola de Música na organización da Noite do Gospel ‘Abataano’ que terá lugar o vindeiro xoves 14 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga.
Trátase dun concerto a beneficio de Música para Salvar Vidas, un proxecto de axuda a nenos e nenas orfos de Uganda para medrar e aprender a través da música e a danza co fin de atopar un futuro propio no seu país.
Para axudar nesta causa solidaria os organizadores piden un donativo de 8 euros. A recadación irá destinada integramente ao colectivo Música para Salvar Vidas. As entradas poranse á venda unha hora antes do concerto....
leer más