Alfoz
Alfoz celebrará a primeira edición do Día da Veciñanza o 12 de maio, domingo. Está organizado por asociacións parroquiais do municipio e pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.
Será no pavillón polideportivo e as actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú, haberá comida a partir das 14:00 horas e despois baile e sorteos. A música correrá a cargo do dúo Explosión.
Para asistir a este evento hai que mercar os tickets, que estarán á venda ata o 6 de maio.
Os organizadores anuncian que será “un día para compartir un bo momento con amigos e veciños”.
O club focego Os Correcamiños 4x4 organiza o campionato de supercross Memorial José María Michelena que se disputará en Alfoz o 14 de abril, domingo.
Esta proba será válida para o Trofeo Galego de Supercross e para o campionato asturiano deste deporte.
O prezo da entrada é de 5 euros, pero os nenos e nenas poderán acceder gratis.
A Reserva da Biosfera Terras do Miño, á que pertence o concello de Alfoz, organiza un curso de cultivo e secado de flores de primavera/verán. Será os días 5 e 6 de abril na Aula OMIX da Casa da Cultura de Alfoz, de 16:00 a 20:00 horas.
As prazas son limitadas a 12 e cubriranse por rigorosa orde de solicitude, chamando ao Concello de Alfoz, teléfono 982.558.001 (extensión 3).
O sábado 13 de abril ás 14:00 horas na Finca Galea, de Alfoz, celebrarase unha nova edición da gala benéfica “Alfoz Solidario”, a favor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O evento é promovido, un ano máis, por un grupo de persoas de Alfoz interesadas en colaborar coa xunta provincial da AECC en Lugo, a quen lle serán entregados os beneficios obtidos.
Ademais de poder participar na propia gala, que “desta volta se celebrará a mediodía con comida e baile”, segundo indican desde a organización, tamén se pode colaborar mediante donativos á Mesa Cero para aquelas persoas interesadas en colaborar que non podan asistir. Por outro lado, as empresas e locais comerciais que o desexen tamén poderán colaborar aportando agasallos que se sortearán ao longo da gala.
Desde o grupo organizador agradecen a todos os...
leer másSerá os sábados 13, 20 e 27 ás sete e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura.
O 13 de abril actuará a Orquestra de corda do Conservatorio de Viveiro.
O día 20 a protagonista será a Asociación de Acordeonistas da Mariña.
E o 27 de abril terá lugar a actuación da Coral Polifónica de Foz.
Desde o Concello de Alfoz animan a asistir: “fai un oco na túa axenda para vir desfrutar da música a Alfoz”.
A Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, concretamente o mércores 27 de marzo, unha festa infantil “para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós”.
Será no pavillón municipal de Alfoz de 16:30 a 20:30 horas.
O xoves 21 de marzo Monicreques de Kukas presenta "Xan Perillán, compra queixo, compra pan" para o alumnado do CEIP Castro de Ouro, dentro da programación Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz.
Ás 15:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura os nenos e nenas do CEIP Castro de Ouro de Alfoz e tamén todas as demais persoas que queiran asistir desfrutarán dun espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia, compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente e a ecoloxía, anuncia o Concello de Alfoz.
O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá unha actuación do mago Rafa o sábado 16 de marzo.
O Concello de Alfoz explica que o mago Rafa é “un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 25 anos traballando con dous obxectivos comúns: divertir e sorprender. Durante todo este tempo traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade. Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa. Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles,... Pero sempre coa súa tarxeta de presentación: un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idade”.
VIA Alfoz organiza a décima edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O eventolevarase a cabo mañá sábado 9 de marzo ás 12:00 horas nas inmediacións do Castelo do Castrodouro. “Un ano mais, e xa van dez, convidamos a toda a veciñanza que libremente queira participar nesta ofrenda foral” indican desde VIA Alfoz, recordando que, coma cada ano, se depositarán doce caraveis brancos no cruceiro do Castelo do Castrodouro, “a cor branca simboliza a paz e os doce os meses do ano, pois debemos honrar ás nosas mulleres tódolos días”.
Antes de depositar as flores, lerase un escrito “en homenaxe ao enorme traballo das nosas mulleres, e en especial para as mulleres de Alfoz, que loitan cada día polo futuro do noso pobo”, Indican desde VIA Alfoz.
O acto contará, entre outros, coa...
leer másDende o Concello de Alfoz programáronse diferentes actividades para celebrar o Día Internacional da Muller.
A semana do 8 de marzo a Casa do Concello estará tinguida de violeta como apoio a todas as mulleres.
“Neste tipo de conmemoracións téndese a traer conferenciantes ou artistas de fóra dos concellos cando o mellor exemplo o temos dentro” apunta Eliseo Lorenzo, delegado de Igualdade do Concello de Alfoz. Por este motivo, o 8 de marzo publicarase a I edición “Mulleres de Alfoz”, con infografías sobre mulleres relevantes do noso concello que serven de exemplo e foron pioneiras na súa vida profesional.
“Non foi doado facer unha selección para esta primeira edición xa que no noso concello contamos con mulleres de carácter que se abriron camiño con valentía e esforzo” afirma o concelleiro...
leer más