Alfoz
O Concello de Alfoz organiza unha nova edición do Programa de estimulación cognitiva denominado ‘ActivaMENTE’ desde o 17 de outubro.
A actividade, que está destinada a persoas maiores de 55 anos, desenvolverase no Centro Sociocultural de Alfoz de 10:30 a 12 horas.
Para máis información e inscricións os interesados poden ir á Casa do Concello de Alfoz ou contactar a través do teléfono 982.55.80.01.
O Concello de Alfoz programa actuacións musicais para os sábados 7 e 14 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura. Serán ás 20:00 horas, con entrada libre e para todos os públicos.
A organización explica: “o sábado 7 contaremos con Cándido Paleo e o sábado 14 coa Rondalla Latexos para disfrutar da música de distintos estilos e de formacións ou intérpretes da zona”.
O vindeiro luns, 9 de outubro, ás 10:30 horas, a Delegación de Cultura de Alfoz ten programada a actuación de Charo Pita na Escola Infantil Galiña Azul.
Coma todos os anos trátase dunha actividade dirixida aos máis pequenos e ás súas familias dentro do Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
“Porco, porquiño ensíname o camiño”, é o título do contacontos que ofrecerá Charo Pita.
Raquel Queizás ofrecerá o seu espectáculo de narración oral titulado ‘Soñadora das árbores’ este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas no salón de actos da Casa de Cultura de Alfoz. É para todos os públicos.
Ese mesmo día de 17:00 a 19:00 horas na biblioteca pública municipal de Alfoz terá lugar o obradoiro Pinga a Pinga, “para coñecer máis sobre a auga e o seu coidado a través de vídeos, manualidades e dinámicas de grupo”.
Está organizado polo Concello de Alfoz, que explica: “Soñadora das árbores, chamábanlle así desde pequena porque sempre estaba na póla. O que máis lle gustaba era perderse no monte para escoitar as historias que contaban as árbores senlleiras, as árbores nai. Ata que un día pedíronlle axuda!! Non o dubidou un intre, empoleirouse no vello carballo para evitar que o tallaran. E cambioulle a vida...
leer másA asociación cultural e xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza para o día 15 de outubro, domingo, unha andaina pola Fraga das Lerias, continuando polo Canal dos Canoura e rematando no curro de Santo Tomé.
É un ruta de 8 quilómetros con dificultade media e a organización recomenda levar botas de montaña.
A saída será desde a Casa do Concello de Alfoz ás 09:30 horas, haberá servizo de autobús gratuíto e a ruta comezará ás 10:00 horas. Ao final da andaina os participantes degustarán un aperitivo.
A data límite para anotarse é o domingo 8 de outubro e as inscricións poden facerse a través dos teléfonos 603.895.753 ou 617.299.798.
Para a organización desta actividade a asociación O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz.
Dende a Área de Deportes do Concello de Alfoz organízanse unha serie de actividades para os nenos de 4 a 16 anos: clases de patinaxe os luns a dende as 16:00 ata as 18:00 horas, en dous grupos de 1 hora; e atletismo, que terá lugar os venres de 16:00 a 17:00 horas. Ambas actividades levaranse a cabo no pavillón municipal de Alfoz.
O prazo para inscribirse en calquera destas actividades finalizará o día 25 de setembro, e poderase facer tanto a través da Sede Electrónica como na Oficina de Rexistro, na Casa do Concello.
O Concello de Alfoz organiza desde outubro ata maio catro actividades deportivas para adultos: ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates.
A ximnasia de mantemento será os martes e os xoves de 18:30 a 19:30 horas no pavillón municipal.
O aerobic tamén se desenvolverá no pavillón municipal os martes e xoves, pero en horario de 19:30 a 20:30.
O ioga será os luns e os mércores de 19:30 a 20:30 horas na escola de nenos de Adelán.
E tamén na escola de nenos de Adelán terá lugar o pilates os mércores en horario de 20:30 a 21:30 horas.
As prazas son limitadas, por orde de entrada. Deben entregarse as solicitudes no Concello de Alfoz (Oficina de Rexistro ou Sede Electrónica) do 18 ao 25 de setembro.
O vindeiro luns, 11 de setembro, chega a Alfoz a actividade denominada Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías.
O Concello de Alfoz explica que “entre as 11 e as 14 horas poderás achegarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese”. Será no aparcamento ao lado da Casa do Concello e en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura.
Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono gratuíto 900.825.030 no Concello de Alfoz.
En Alfoz celebraranse actividades do programa denominado Cultura Pequeniña, dirixido a nen@s de 3 a 12 anos, os sábados 23 e 30 de setembro.
A organización explica que serán dous días “dedicados aos nenos e nenas con obradoiros na Biblioteca e unha proposta cultural de teatro, contacontos, monicreques ou maxia. Para nen@s de 3 a 12 anos, con inscrición previa na biblioteca, onde estarán dispoñibles a solicitudes a partir do 13 de setembro. O tema será o coidado do medio ambiente. O sábado 23 de setembro de 17:00 a 19:00 horas quedamos na Biblioteca para facer arte con materiais reciclados e da natureza no obradoiro ReciclARTE. E ás 19:00 horas no Salón de Actos teremos a representación O galo Quirico e os seus amigos, de Seisdedos, incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, para público infantil e familiar”.
... leer másO 16 de setembro, sábado, terá lugar en Alfoz unha xornada micolóxica con degustación gastronómica. É unha actividade dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte.
O Concello de Alfoz explica: “organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos. Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros -colectivo que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía...
leer más