Alfoz

Etiquetas:
11/10/2024

O Concello de Alfoz ofrece un taller de manualidades para persoas adultas desde o día 21 de outubro ata maio.

Os participantes poderán realizar esta actividade os luns ou os xoves, os dous días de 16:30 a 18:30 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), que está na Casa da Cultural de Alfoz.

As prazas son limitadas e o prazo para inscribirse están aberto ata o 17 de outubro nas oficinas de rexistro do Concello de Alfoz.

03/10/2024

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, de Alfoz, organiza un percorrido pola Ruta do Ferrocarril desde San Tirso de Abres ata A Pontenova para o día 13 de outubro, domingo.

Os participantes sairán en autobús desde a Casa do Concello de Alfoz ás 9:00 horas e a ruta comezará ás 10:00. Ao final da andaina, de 12 quilómetros, degustarán un aperitivo.

As prazas son limitadas e o xoves 10 de outubro é a data límite para anotarse.

“O domingo 13 de outubro ímonos de andaina! Saíndo dende San Tirso de Abres, recorreremos os túneles nos que nalgún tempo pasaron as vagonetas de camiño á Pontenova, lugar onde remata a ruta”, anuncia a asociación O Castelo.

 

Etiquetas:
29/09/2024

O Concello de Alfoz anuncia que “o domingo 6 de outubro chega a Alfoz o autobús do teatro, sobes? É unha actividade dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que está a celebrar o seu 40° Aniversario.  Este autobús sairá da Casa do Concello de Alfoz ás 14:15 horas  e levaranos ata Santiago de Compostela para desfrutar da obra "Terceiro acto", unha produción do Centro Dramático Galego. Entón, sobes ao autobús do teatro?”.

A representación será ás 18:00 horas. A viaxe en autobús é gratuíta e o prezo da entrada ao teatro é de 5 euros.

As prazas limitadas e as inscricións pode facerse a través do teléfono 982.55.80.01 ou na Casa do Concello de Alfoz.

Etiquetas:
28/09/2024

Os concellos de Alfoz e Valadouro organizan a terceira edición da Carreira Popular Alfoz Valadouro o vindeiro 5 de outubro coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.

O evento, que se celebra de maneira alterna entre os dous concellos veciños, está aberto á participación de persoas de diversas idades, con diferentes percorridos segundo a categoría: a absoluta percorrerá 6,5 quilómetros; infantil e cadete, 1,6 quilómetros; alevín, 1,2 quilómetros; benxamín, 600 metros; e os pícaros, 200 metros. A saída da carreira absoluta será dende diante da piscina municipal de Alfoz, cunha meta situada no entorno do pavillón do Valadouro. Pola súa parte, as categorías inferiores correrán arredor da piscina municipal do Valadouro. Ademais, haberá unha andaina popular como parte da oferta.

Na presentación da...

leer más
20/09/2024

O domingo 13 de outubro terá lugar o XXX Festival da Terceira Idade en Alfoz para todas aquelas persoas que teñan máis de 65 anos ou sexan pensionistas, empadroadas neste concello, que poderán ir acompañadas dos seus cónxuxes.

Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa na Igrexa Parroquial de San Pedro de Mor. A continuación celebrarase unha comida de fraternidade no Pavillón Municipal de Alfoz, así como diversos actos.

As persoas interesadas en participar neste evento deberán inscribirse na Oficina de Servizos Sociais do Concello de Alfoz no seguinte prazo: dende o xoves 19 de setembro ata o venres 4 de outubro de 2024.

Etiquetas:
19/09/2024

O Concello de Alfoz informa á veciñanza da apertura do prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais nas modalidades de patinaxe e atletismo e as Actividades Deportivas para Adultos, que se abrirá do 20 ao 27 de setembro. Este programa ofrece unha variada oferta de actividades destinadas a promover a práctica deportiva entre persoas de todas as idades.

As modalidades dispoñibles inclúen :patinaxe e atletismo, dirixidas aos máis novos e as Actividades Deportivas para adultos, como ximnasia de mantemento, aerobic, ioga e pilates. Destaca a actividade de pilates, que foi unha novidade da tempada pasada e que, debido á alta demanda da veciñanza, ampliará o seu horario nesta, ofrecendo unha hora adicional.

Con estas iniciativas, o Concello de Alfoz asegura que “reafirma o seu compromiso coa promoción do deporte e o benestar físico, fomentando un estilo de vida...

leer más
Etiquetas:
17/09/2024

O Concello de Alfoz organiza un xogo turístico nas redes sociais Instagram e Facebook con premio sorpresa para a mellor fotografía da Fervenza do Escouridal.

O Concello de Alfoz explica que os pasos a seguir para participar son: seguir @turismoalfoz, comentar a publicación sobre este xogo e dar a "me gusta", subir unha foto da Fervenza do Escouridal ó Instagram ou Facebook.

O prazo para participar é desde agora ata novembro.

Etiquetas:
15/09/2024

A Casa da Cultura de Alfoz acollerá a representación da obra A Presa do Grupo Humorístico Trípode, o 28 de setembro ás 21:00 horas. 

Trátase dunha historia baseada en feitos reais e conta a loita da veciñanza de Fontefría contra o proxecto dun encoro que asolagará a súa aldea.

Organizan este evento: Concello de Alfoz e Deputación de Lugo. 

 

13/09/2024

O programa Cultura Pequeniña do Concello de Alfoz ofrece o día 21 de setembro, sábado, un obradoiro para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade e un espectáculo para público infantil e familiar a cargo de A Xanela do Maxín.

O obradoiro, titulado “Experimentos na biblioteca”, será ás 17:00 horas na biblioteca pública municipal.

E o espectáculo de A Xanela do Maxín titúlase “Supercoroza. Na eira e na lareira” e terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura ás 19:30 horas.

As persoas interesadas en máis información sobre estas actividades poden contactar co teléfono 982.57.12.70.

 

Etiquetas:
01/09/2024

O Concello de Alfoz anuncia que a partir do 2 de setembro abrirase o prazo de inscrición para as actividades de apertura do CEIP. Este ano, o centro escolar continuará coa ampliación do horario no programa de Madrugadores, así como no horario de tarde a través das actividades de Ocio e Estudo (OES) e clases de Inglés.

Ademais, tamén se abrirán as inscricións para as Escolas Deportivas de Alfoz, nas que se ofrecerán actividades de fútbol, dirixidas especialmente a nenos e nenas en idade escolar.

“Resaltar a importancia destas actividades tanto para facilitar a conciliación das familias, como para promover unha vida saudable entre os máis novos mediante a práctica do deporte desde idades temperás” apuntan dende a área delegada de Igualdade e Deportes do Concello de Alfoz.