O Concello de Alfoz convoca o II Concurso “A túa decoración de Nadal” que consiste en fotografar decoracións de Nadal propias e compartilas na páxina de FacebookCultura Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías e o traballo debe levar título e o nome do autor.
O prazo para participar e votar as fotografías será dende o xoves 20 de decembro ata o venres 4 de xaneiro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura Turismo ALFOZ irá engadindo ao álbum II Concurso de Nadal: “A túa Decoración de Nadal” todas as fotos e soamente dende aí se poderán votar. Contabilizaranse os “me gustas” recibidos en cada foto do álbum.
Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que lle teñan dado a “me gusta” á páxina Cultura Turismo ALFOZ e que posúan un perfil real en Facebook. O nome dos gañadores publicarase o sábado 5 de xaneiro e o premio será unha replica do Castelo do Castrodouro de Sargadelos para a foto que obteña máis “me gusta” e unha das camisetas de Alfoz deseñadas por Xosé Blanco para a segunda foto con máis “me gusta”.
O Concello de Alfoz resérvase o dereito de tomar decisión non reflectidas nas presentes bases, así como a solucionar calquera tipo de conflito nas interpretación das mesmas.