Amador

Etiquetas:
01/09/2023

O Concello do Valadouro celebra a XXXVII edición da Semana do Teatro Amador desde este domingo, 3 de setembro, ata o xoves 7. Todas as representacións será ás 22:00 horas no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A entrada é de balde e a apertura de portas será media hora antes de cada evento.

O domingo 3 A Adala, de Fazouro, ofrecerá a obra Marina Club. Ao día seguinte o Torques, de Burela, representará O Randiña. O martes 5 Metátese Teatro, de Palas de Rei, porá en escena Ao carón das palabras. O mércores 6 Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) presentará Era boa se colabora. E rematará o ciclo xoves 7 co grupo 57 Palabras, de Viveiro, e a obra A fuga.

Etiquetas:
15/09/2022
O mes de outubro chega cargado de representacións teatrais coa posta en marcha do I Certame de teatro amador “Convida no Rural” que organizan conxuntamente o Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao. Os días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro ás 19:30 horas as persoas asistentes poderán desfrutar de balde das seguintes representacións:
 
• 8 Outubro
o Obra: Departamento de selección
o Grupo: Disfunción continua (A Estrada)
o Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
 
• 9 Outubro
o Obra: Crime desorganizado
o Grupo: Agrupación teatral mariñá (Betanzos)
... leer más