O salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá este domingo, 3 de decembro ás 19:00 horas a representación da obra “O Velorio” a cargo do grupo Borguete Teatro, de Vilalba. É unha actividade con entrada de balde, incluída no Circuíto de teatro afeccionado 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
É unha adaptación da obra “Os cravos de prata”, de Nicolás Belá, dirixida por Guillermo Cancedo. A sinopse é: “Pat O'Connor é un terratenente enfermo que, nos seus aparentes derradeiros días de vida, planifica o seu propio velorio por todo o alto, sen ter en conta que tamaño estipendio podería supoñer o endebedamento da súa familia, a cal non está pola labor, e que desencadeará unha serie de situacións de difícil solución”.