Música
Varias actuacións musicais, unha obra de teatro e o comezo das festas patronais son algunhas das actividades da programación cultural de Burela para este mes de maio.
O venres, día 10, a Cía. Cultura Activa presentará a obra Papar sen cancelas. A representación, promovida por AGADIC-Rede de Teatros e Auditorios, dará comezo ás 21:00 horas e terá lugar na Casa da Cultura. O prezo da entrada será de 3 euros.
O 18 de maio a Coral Polifónica de Burela ofrecerá o Concerto das Letras Galegas. A actuación será na Casa da Cultura a partires das 20:30 horas.
O domingo, día 19, terá lugar unha das principais actuacións programadas pola Concellería de Cultura de Burela para este mes de marzo, que será o concerto ofrecido por Andrea Pousa. Será na Casa da Cultura, ás 19:30 horas. O edil de Cultura,...
leer másEste sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá, na Sala Bahía de Foz o músico Fran Amil, acompañado de Ricardo Casas ao saxofón, estará en concerto cos Monstros Acústicos..
Este concerto ten de especial, que xunto aos músicos participarán nalgúns números, as alumnas e alumnos da asignatura Música e Movemento da Escola de Música de Foz.
Este grupo coa súa profesora África leva preparando durante o curso o acompañamento e a coreografía dalgunhas das cancións que escoitaremos no concerto, e ese día terán ocasión de ser tamén protagonistas.
O concerto está organizado pola asociación de nais, pais e alumnado adulto da Escola de Música de Foz en colaboración coa dirección da Escola e trátase dun formato novedoso, moi interesante a nivel pedagóxico para os alumnos que participan, e un reto tamén para...
leer másO ‘FalaRedes’, o programa de dinamización que a Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, fará parada en Mondoñedo esta Semana Santa coa actividade ‘Canta, miña pedra, canta’ en colaboración co Concello de Mondoñedo. O sábado, 20 de abril, Xoán Curiel e Charo Pita emprazan ás familias mindonienses na Casa da Xuventude ás 18:30 horas.
‘Canta, miña pedra, canta’ é a nova actividade que ten en carteleira esta primavera o 'FalaRedes 2019'. O músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita son os encargados de achegarlle ás familias a obra de Antonio Fraguas, autor ao que este ano a RAG lle dedica o 17 de maio. O espectáculo combina narracións tradicionais antigas coas cantigas populares que Fraguas recolleu nun dos seus libros máis significativos: Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. A obra...
leer másA orquestra Panorama ofrecerá en Lourenzá a súa primeira actuación na provincia de Lugo co seu novo espectáculo para esta tempada, denominado Number One Tour. Será este xoves, día 18, a partir das 00:30 horas no recinto feiral, que estará cuberto con carpa.
A actuación da orquestra Panorama en Lourenzá é o prato forte do festival Vilou Spring Fest, que organiza a asociación Conde Santo e que inclúe tamén sesión vermú a cargo de Decibelios Eventos e de DJ Billy.
Para este espectáculo da xira 2019 a orquestra Panorama conta con novo escenario, son e iluminación diferentes e tamén novos compoñentes.
Ademais do Vilou Spring Fest o Xoves Santo en Lourenzá celebrarase a cuarta reunión de Amigos da Vespa&Faba e Clásicos e a primeira xornada do torneo internacional de baloncesto feminino...
leer más
O vindeiro 11 de maio a ACR Fervenza de Sargadelos organiza a quinta edición da Foliada de Cervo. Durante toda a xornada haberá diversas actividades relacionadas coa tradición galega como, por exemplo, obradoiros.
Ás 11: 30 horas dará inicio o de regueifa que será impartido polá bergantiñá Lupe Blanco e o burelés Manolo Maseda. Estes dous repentistas achegarannos ao mundo da improvisación oral en verso e nel traballaranse técnicas como a rima, a métrica, a estrofa, a melodía, os recursos léxicos... que caracterizan este xénero galego.
Xa pola tarde terán lugar dous obradoiros simultáneos ás 16:30 horas canto e pandeireta para a xente miúda e baile tradicional para todo o público. Os obradoiros son gratuítos. As inscricións están abertas até o 4 de maio e poden realizarse en...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 17 de abril ás 21:00 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Nesta actuación estrearán seis obras e debutará un novo trompetista.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “chegada a Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo non podía faltar a esta data. Como o ano anterior, faremos o concerto de Semana Santa na igrexa parroquial, ás nove da noite o mércores 17 de abril”.
David Ballester engade que “aproveitando este motivo, queremos convidar a toda a xente que estea en Ribadeo ese mércores, a achegarse ata a igrexa parroquial para disfrutar do concerto de Semana Santa”.
O director da Banda explica que “este ano serán sete obras, das cales seis serán interpretadas por...
leer másAlumnado, profesorado e outros traballadores do IES de Foz interpretarán cantigas de Alfonso X na basílica de San Martiño este xoves, día 4, a partir das 20:00 horas. Este acto, organizado por iniciativa dos departamentos de Lingua Galega e Música do centro educativo focense, é aberto ao público con entrada gratuíta.
Actuará un grupo instrumental, formado por alumn@s de 4º da ESO e de 3º de PMAR, e unha agrupación vocal formada por alumn@s de 1º de Dirección de Cociña, profesores e outros traballadores do centro.
Para esta actividade o IES de Foz conta coa colaboración do Concello focense e da Parroquia de San Martiño.
Mañá martes, 2 de abril, ás 19.30 horas, celebrarase na sala de usos múltiples da Escola Municipal de Música de Burela un concerto, con entrada libre e gratuíta, a cargo dos alumnos das especialidades de frauta, clarinete e piano.
Segundo explica o director do centro, Xan Carballal, "o concerto incluirá pezas sacadas do repertorio popular e contará con obras de autores clásicos e modernos".
Este concerto inclúese no plan de actividades que a Escola Municipal de Música de Burela ten programado para este ano 2019.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza unha nova quenda de actuacións nas que participarán diferentes especialidades. Esta actividade terá lugar entre os días 1 e 5 de abril ás 20:00 horas na propia Escola agás a do martes 2, de música tradicional, que será no Teatro. A entrada ás mesmas é gratuíta.
O luns, 1 de abril, será a audición de piano; o día 2 a de música tradicional; o día 3 a de clarinete, frauta e saxofón; o xoves, 4 de abril, será a audición de guitarra e o venres a de percusión.