O vindeiro 11 de maio a ACR Fervenza de Sargadelos organiza a quinta edición da Foliada de Cervo. Durante toda a xornada haberá diversas actividades relacionadas coa tradición galega como, por exemplo, obradoiros.
Ás 11: 30 horas dará inicio o de regueifa que será impartido polá bergantiñá Lupe Blanco e o burelés Manolo Maseda. Estes dous repentistas achegarannos ao mundo da improvisación oral en verso e nel traballaranse técnicas como a rima, a métrica, a estrofa, a melodía, os recursos léxicos... que caracterizan este xénero galego.
Xa pola tarde terán lugar dous obradoiros simultáneos ás 16:30 horas canto e pandeireta para a xente miúda e baile tradicional para todo o público. Os obradoiros son gratuítos. As inscricións están abertas até o 4 de maio e poden realizarse en fervenzadesargadelos@gmail.com