Música
O grupo Astarot actuará en Lourenzá o día 5 de outubro, sábado, dentro do programa da vixésimo novena edición da Festa da Faba.
O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, anunciou hoxe que “o grupo de rock galego Astarot actuará o sábado 5 de outubro en Lourenzá con motivo da celebración da XXIX Festa da Faba. Astarot interpreta en versión rock temas tan coñecidos da música galega como Sementeira, Meu amor é mariñeiro, Lela, Negra Sombra, O tren, etcétera”.
Manuel Arango destaca que “este concerto, coma todos os que teñen lugar durante a Festa da Faba, será con entrada gratuíta”.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado de membros do colectivo organizador –a asociación Amigos da Gaita- e distintas autoridades locais, entre elas o alcalde, Fernando Suárez, participou esta tarde na presentación do Día da Gaita e Romaría de Santa Cruz, unha cita declarada de interese turístico galego que se celebrará esta fin de semana en Ribadeo.
Este evento folclórico e gastronómico que se coñece popularmente como “A Xira” vénse celebrando desde 1965 no monte de Santa Cruz, lugar que acolle a romaría e incomparable atalaia desde a que se divisa toda a bisbarra, e na que pode verse un monumento ao Gaiteiro aínda único na nosa Comunidade Autónoma.
A festa dará inicio formal o sábado 3 de agosto, ás 19,30 horas con distintos pasarrúas que servirán de preludio do pregón que, a...
leer másUn año más la organización rinde su personal tributo a la música house y a la cultura de club. Para esto contará de nuevo con representantes de este movimiento a todas las escalas, desde el ámbito local al internacional de primera línea.
Para eso contarán con Chez Damier (Chicago), Secretsundaze (Londres) y Baldo (Barcelona) encabezando el cartel gracias a las colaboración con la agencia Poem Agency. Estos artistas se encargarán de las sesiones nocturnas.
Paul Rudder (Asturias) representando al sello Poetry in motion, formará tandem con el dj local Cohen. Aparato, desde Santiago de Compostela vendrán a presentar su formato Live y el duo Meraki desde Gijón darán la nota de color en la ya tradicional sesión vermú que arrancará a las 12 del mediodia.
Alex Nite vendrá desde la capital de...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto do Día da Patria este xoves, días 25, ás 20:30 horas no parque de San Francisco, aínda que se houbese mal tempo trasladaríase ao Teatro. O director da Banda, David Ballester, destaca que vai ser un concerto especial porque en dúas pezas tocarán alumnos e alumnas da Escola de Municipal de Música e Danza de Ribadeo e porque se cumpren dez anos da súa primeira actuación ao fronte da Banda ribadense.
David Ballester explica que “chegada a data do 25 de xullo, a Banda Municipal de Música de Ribadeo, como non podía ser menos e xa é tradición, vai facer o concerto do Día da Patria no parque de San Francisco ás oito e media da tarde”.
O director da Banda de Ribadeo salienta que “vai ser un concerto un pouco especial porque, ademais de como facemos...
leer másBudiño actuará o 3 de agosto en Burela na Feira do Bonito, declarada de interese turístico nacional hai uns días. O concelleiro de Cultura, José Díaz, subliñou que o obxectivo do equipo de goberno é apostar polos artistas galegos para esta cita.
O edil burelés anunciou que “para a Feira do Bonito deste ano, que é a número trinta e cinco e que como sempre organiza Ledicia coa colaboración do Concello, decidimos traer a un artista moi representativo de Galicia, un gran artista ademais e diferente. Trátase de Budiño”.
José Díaz explicou que “é un compositor bastante atípico porque mestura a tradición galega con sons máis contemporáneos. Ten unha personalidade propia e moitos seguidores. Fai bastante tempo que non actúa pola nosa zona e pensamos que é unha boa idea para reforzar a programación cultural e musical...
leer másO Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e as representantes da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, CarmenRivera Vidal e CarmenSeijas Lamelaspresentaron este xoves nos Xardíns doPazo de San Marcos, o VIII Festival Aturuxo, que terá lugar os días 19 e 20de xullo na parroquia de Santiago de Bravos en Ourol. Esta nova cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, e que conta apoio da Deputación e do Concello.
Vidal Baamonde remarcou que “esta nova edición conta cun programa de primeiro nivel, con artistas como Rosa Cedrón, Collón de Lola, Zënzar e o Som do Galpom. Todas e cada unha destas actuacións son un verdadeiro referente da nosa música tradicional galega, por iso, para nós, é un autentico privilexio participar e colaborar na promoción deste ...
leer másO teatro Pastor Díaz de Viveiro será mañá o escenario dun novo concerto do ciclo “Sons do tempo”. Esta actuación que corre a cargo do grupo LucusEnsemble, e forma parte dun proxecto para promover o estudo e a difusión da música medieval que promove a Deputación de Lugo.A cita será ás 20:30 horas, e a entrada é gratuíta ata completar aforo.
A mostra O Son do Tempo enmárcase nun proxecto máis ambicioso do Goberno da Deputación para a recuperación o noso patrimonio cultural. O obxectivo desta iniciativa é o estudio, a divulgación, o préstamo de pezas, así como a promoción da música medieval para o público en xeral nos 67 Concellos da provincia.
Esta cita contribúe a poñer en valor as nosas tradicións e a nosa cultura, como neste caso, os sons medievais tan arraigados na nosa historia. Paralelamente a estes concertos...
leer másO Concello de Mondoñedo apoia o Festival MindoMúsica que achegará música de cámara á cidade entre os vindeiros 9 e 12 de xullo da man da violinista mindoniense Rebeca Maseda, pregoeira das últimas festas das Quendas, que estará acompañada doutros cinco músicos: Antonio Viñuales –violín-, Alberto Rodríguez –viola-, Iván Siso –violoncello-, Yolanda Fernández –clarinete- e Rosalía Gómez –piano-.
Esta iniciativa que pretende revalorizar aos grandes compositores mindonienses coma Pascual Veiga ou JoséPacheco a través do estudo,interpretación e adaptación da súa música contará con dúas partes diferenciadas. Por unha banda, entre o martes 9 e o mércores 10 desenvolveranse unha serie de coloquios, clases interactivas e ensaios abertos aos máis pequenos no marco da programación de campamentos de verán da Escola Municipal de Música. E por outro lado...
leer másEste sábado, 6 de xullo, celebrarase a 4ª Foliada O Valadouro 2019. A festa dará comezo ás 20:00 horas e e terá lugar no parque Concepción Arenal.
Actuarán os grupos de Grileiras da SCR Ledicia, AX Entre Lusco e Fusco e AC Amado Lar.
Dende ás 18:00 horas desenvolveranse obradoiros de construción de monicreques e haberá espectáculos de monicreques con Antolín e bailarín e Raio the Loubican, dentro do Programa de Promoción da Artesanía da Deputación de Lugo. Tamén haberá comida e bebida a prezos populares.
A partir das 00:00 horas continuará a festa cunha foliada libre.