Música
O vindeiro domingo, 12 de xaneiro, o grupo Son’s Varadero realizará un concerto especial na residencia de maiores de Foz.
Será a partir das 18:00 horas e está dedicado aos maiores e ás súas familias, aínda que será aberto a todo o público.
Neste emotivo evento colabora o Concello de Foz.
A Banda da Loba actuará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o 28 de febreiro, dentro da súa xira Xaneiro-Febreiro 2020.
O grupo presentará o seu segundo álbum, Fábrica de Luz, no que, segundo explica a estradense Andrea Porto, baixista da formación, se sitúa na liña do primeiro, Bailando as rúas, cunha aposta musical ecléctica na que teñen cabida o folk, o pop, o rock e os ritmos latinos. As letras son, case que todas, propias e asinadas polas irmás Andrea, Marcela e Lara Porto, que xa teñen acadado diversos premios literarios pola súa traxectoria poética. Ademais varias das letras están inspiradas por outras autoras galegas que para o grupo son referente como Xela Arias, Celia Parra, Andrea Nunes e María Victoria Moreno.
O título do disco explican que “pretende ser unha reflexión e unha homenaxe á idea de nai...
leer másA axenda cultural do primeiro trimestre do novo ano en Ribadeo arrinca este venres, 3 de xaneiro, coa presentación dunha publicación manga e o sábado Lila Teatro presentará O cachopo máxico para o público familiar ás 17:30 horas no Teatro. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que seguirá o ciclo de música nas parroquias; haberá concertos con Habeles Hainas, De Vacas ou Davide Salvado e Fransy González; haberá teatro para xs nenxs e para adultos con Sarabela Teatro ou Os Quinquilláns. E ata Ribadeo chegará o actor e humorista galego Carlos Blanco.
Otero Cabarcos dixo que “comezamos o ano con moita ilusión e forza. Desta volta inauguramos a nosa programación cultural cunha presentación dunha publicación manga da man de dúas artistas moi novas, Ran e Kurohaine, este venres, día 3, ás 20:30, na Casa do Mar. E como nestas datas a cativada é a...
A Coral Polifónica de Barreiros organiza o Concerto de Nadal que se celebrará este domingo, 29 de decembro. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas.
Actuarán a Coral Eo de Vegadeo, a Coral Lunch de Lugo e a Coral Polifónica de Barreiros.
O Concello de Barreiros colabora coa organización deste concerto.
O 28 de decembro o Casino de Mondoñedo acollerá un concerto de Os Carricantos. Será ás 20:30 horas despois da visita do Apalpador.
O acto está organizado polo Círculo de Recreo de Mondoñedo.
Pola tarde ás 17:00 horas haberá no Casino un taller relacionado co Nadal para os nenos e nenas e ás 19:00 horas o Apalpador recollerá aos cativos alí mesmo para percorrer as rúas e recoller os caramelos polos comercios da cidade.
Hoxe, venres 27 de decembro, estaba previsto celebrar ás 19:00 horas o Gran Concerto de Nadal, tradicional concerto de música clásica que se ven celebrando dende ahí moitos anos neste Concello nestas datas navideñas. Pois ben, debido ao falecemento da nai da directora da Escola Municipal de Música de Xove, o Gran Concerto de Nadal queda cancelado.
E segue aberta a inscrición para participar no IX Concurso de Karaoke que se celebrará o sábado, día 28, no pavillón de deportes.
Un dos grandes eventos do programa de Nadal do Concello é, sen dúbida, o Concurso de Karaoke. A inscrición para participar continúa aberta, podendo facerse presencialmente nas oficinas do Concello, concretamente no despacho do Técnico de Cultura, ou ben chamando ao Concello ao 982592001, en horario de oficina.
...
leer másA Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza o Concerto de Panxoliñas 2019.
Celebrarase o vindeiro domingo, día 29, ás 20:30 horas na Igrexa das Concepcionistas. Actuarán a Coral Polifónica de Mera e a Coral Polifónica Alborada.
Colaboran na organización deste evento: a Delegación de Cultura do Concello de Viveiro e Relixiosas Concepcionistas.
A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, convídaos a celebrar o Nadal con dous concertos. O primeiro deles terá lugar o xoves, 19 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga. Nel participarán distintas agrupacións da escola coma grupo infantil, o grupo percusión, a orquestra infantil, o grupo de música moderna, un ensemble da banda e rematará o concerto coa intervención do coro Mestre Pacheco, que interpretará una selección coral de West Side Story de Leonard Bernstein.
PROGRAMA 19 DECEMBRO
GRUPO INFANTIL
• Moita festa……………………………………………….C. Núñez
• Color esperanza ……………………………………...D. Torres
PERCUSIÓN
• Adeste Fideles........................................J.F.Wade
• Dulce Navidad................................................Pop.
• Polly Wolly...
leer másA Banda de Música Municipal de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena o sábado 28 de decembro ás 21:00 horas no auditorio Hernán Naval. Esta actuación, que incluirá danza, debutarán dous trompetistas.
O director da Banda ribadense, David Ballester, explica que “o mes de decembro é sempre moi especial porque chega o Nadal e nestas datas, como non podía ser menos, a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai ter o seu concerto tradicional Aquí como en Viena. Este ano será no auditorio Hernán Naval o sábado 28 de decembro ás nove da noite, con entrada de balde ata completar aforo, para que toda a xente que asista poida estar o máis cómoda posible e non haxa ningún problema”.
Ballester salienta que “imos ter o debut de dous músicos, un deles que xa ía actuar no concerto de Santa Cilla pero que...
leer másDentro da programación de actividades que organiza a Escola Municipal de Música de Burela inclúese o xa tradicional Concerto de Nadal denominado Concerto en Familia.
Este vindeiro mércores, 18 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio municipal da Casa da Cultura terá lugar o mencionado concerto.
Segundo explica o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “participarán neste recital alumnos de todas as idades, dende os nenos mais cativos ata os adultos por medio das agrupacións como son: banda, orquestra, coro, grupo de Jazz, de Rock…, etc”.
E engade que “como en anteriores ocasións o repertorio será variado. Incluiranse tanto obras clásicas como populares pasando polos temas propios destas datas”.