Música

20/12/2024

A Escola Municipal de Música de Foz celebrará o seu Festival de Nadal este domingo, día 22 de decembro. Será ás 12:00 horas na Sala Bahía.

Este evento contará coas actuacións de grupos de música e movemento, aula coral, prebanda e orquestra de jazz.

Etiquetas:
20/12/2024

Burela acollerá, na Praza da Mariña, un novo concerto de presentación de 'Basal', o novo álbum da cantautora galega Ugia Pedreira. O concerto da artista, tamén coñecida como A Pedreira, terá lugar nunha carpa que será instalada na praza o día 27 de decembro, venres, ás 20:30 horas. A entrada será libre e de balde.

A cantante, natural de Vilaronte, Foz, define este espectáculo como “sensorialmente amable” e nel mestura influencias do folk, o jazz e o rock entre outros estilos, como é habitual na súa traxectoria. Estará acompañada no escenario por Mauricio Caruso á guitarra, Alejandro Vargas ao piano e ao sintetizador e Lorena Cachito á batería e á percusión, ademais de nos coros.

'Basal' é, en palabras da artista, “unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa”. Trátase do seu segundo traballo...

leer más
Etiquetas:
20/12/2024

O Concello de Cervo anuncia: “o domingo celebraremos a gran gala do Nadal. Será a partir das 19:00 horas na Casa da Cultura e estamos a falar dun dos principais eventos do noso Nadal, porque reúne a todo o talento artístico e musical do concello: Grupo A Rebolaxe, Mistura, Cantareiras Cordenaia, Fol do Raxal, Coro de Cervo e Coral Terramar. Máis de 100 persoas en total pasarán polo escenario do auditorio no que é un momento moi especial destas festas”.

Etiquetas:
19/12/2024

A Coral Polifónica de Ribadeo celebrará a vixésimo novena edición do seu Festival de Panxoliñas este domingo, día 22 de decembro. Será na igrexa parroquial ribadense ás 20:30 horas.

Ademais da formación organizadora do festival, actuarán a Coral Polifónica de Burela, o coro ribadense Sagrado Corazón e a Coral polifónica Sagrada Familia, da Coruña.

18/12/2024

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un concerto de Nadal este xoves, día 19 de decembro, no auditorio Pascual Veiga. Será ás 20:30 horas.

17/12/2024

A Asociación Folclórica Cultural A Subela, de Foz, organiza a décimo quinta edición do seu Festival de Nadal este sábado, día 21 de decembro. Será ás 17:30 horas na Sala Bahía e actuará o grupo Asubíos da Chaira, de Cospeito.

A entrada para asistir ao festival consistirá na doazón de alimentos non perecedoiros para o Banco de Alimentos de Foz.

Ao remate haberá chocolate con biscoito.

17/12/2024

O Conservatorio de Música de Viveiro ofrece concertos na cidade do Landro os días 18, 19 e 20 de decembro

O Concello de Viveiro anuncia que “o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro segue coa súa programación de audicións e concertos deste mes. O Concello de Viveiro convida á veciñanza a asistir aos concertos que se celebrarán esta semana en diferentes puntos do municipio. Este mércores, día 18 de decembro, será a quenda de guitarra e piano e o xoves 19, de saxofón e piano, en ambos casos ás 19:30 horas no Conservatorio. O venres 20 rematará a programación co pasarrúas do grupo de gaitas ás 18:00 horas e o concerto da Orquestra de Corda e o Coro Lois Tobío ás 20:30 horas na igrexa de Santa María”.

17/12/2024

Este sábado, día 21 de decembro a Coral Polifónica de Burela ofrecerá pequenos concertos de panxoliñas en distintos lugares da súa localidade: ás 19:00 horas no exterior da igrexa de Vila do Medio, ás 19:45 no exterior da igrexa parroquial e ás 20:30 horas na carpa instalada na Praza da Mariña.

“Estaremos poñendo un pouquiño de ambiente de Nadal coas nosas panxoliñas, así que convidámosvos a saír á rúa, dar un paseíño e participar destes ratiños de música”, anuncia a Coral Polifónica de Burela.

 

17/12/2024

A Escola Municipal de Música de Burela celebra as festas co seu Concerto de Nadal en Familia e o de panxoliñas, que serán este mércores, 18 de decembro, e o venres 20 respectivamente.

O Concello de Burela convida á veciñanza a asistir a estas dúas actividades organizadas dende a Escola de Música, que terán lugar esta semana. A primeira delas será o Concerto de Nadal en Familia este mércores, 18 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura. Despois será a quenda do Concerto de Panxoliñas este venres, día 20 de decembro, ás 16:00 horas no salón de conferencias do Hospital Público da Mariña.

Etiquetas:
17/12/2024

Será ás 20:30 horas o vindeiro sábado, día 21, con entrada de balde ata completar aforo. A retirada de entradas poderá facerse unha antes na billeteira o Teatro Pastor Díaz. Desde a organización indican que se entregarán un máximo de 4 entradas por persoa. 

O concerto de Nadal está organizado pola Banda de Música O Landro, que conta coa colaboración do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.