Música
O Teatro de Ribadeo acollerá un concerto de tango, titulado Hora zero, a cargo do Quinteto Lunfardo este sábado, día 15 de marzo, ás 20:00 horas.
É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo, que anuncia esta actuación como “unha experiencia musical chea de paixón e sentimento”.
O grupo mariñán Diavolinos ofrecerá un concerto no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo) o día 14 de marzo, venres, ás 20:30 horas. Está organizado pola Asociación Cultural O Tribo da Travesía e o prezo da entrada é de 5 euros.
Diavolinos defínese como un grupo de amigos con distinta orixe, pero cun punto en común, que non é outro que o seu amor pola música, e o que lles fixo confluír na Mariña Lucense. Din: “no noso percorrido pola provincia de Lugo e, en especial pola Mariña, tratamos de recuperar temas de certa antigüidade, mais que seguen resoando na mente e no corazón de todos, dándolles, por suposto, o noso toque como grupo Diavolinos. Viaxamos coa nosa música por diferentes partes do mundo, acariñando distintas culturas e estilos musicais, tentando facer referencia a varios países e tamén á nosa terra galega. Entre estes estilos...
leer másEste sábado, día 22 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 21:00 horas no Local Social de Trasbar e actuará o dúo Eclipse.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar.
Desde la organización explican que “otro año más, nuestra Resuland Chapel estará abierta para todas aquellas personas que quieran celebrar el amor en Resurrection Fest. Gracias a Thunderbitch podremos disfrutar de esta experiencia única brindando con su bebida otro año más”.
Y añaden: “lo estabais deseando… y sí, es oficial. Como no podía ser de otra forma, en Resurrection Fest volveremos a contar con nuestra Resuland Chapel. Pero no esperes una ceremonia de bodas al uso. Este será el lugar ideal para los que queráis sellar vuestro amor con un “sí quiero” realmente oscuro y tenebroso. No faltarán sorpresas extremas que seguro que recordaréis eternamente Además, celebraréis vuestro amor y un momento tan especial brindando con un chupito de Thunderbitch. La bebida mágica creada con el mejor whisky canadiense, y que os aportará un toque...
leer másEste sábado, día 15 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 20:30 horas nas Escolas Vellas de Cervo e actuará o dúo Matices.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da asociación cultural Airiños do Xunto, dentro dos actos para conmemorar o 50 aniversario deste colectivo.
Burela acollerá esta fin de semana o II Encontro de Coros Infantís e Xuvenís da Mariña Lucense MariñaEnCanto. O encontro, organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, desenvolverase o sábado 15 e o domingo 16 de febreiro.
O Concello de Burela explica que “participarán máis de 230 rapazas e rapaces de Burela, Ribadeo, Foz, Viveiro e O Valadouro, así como de Mañón, Ourense e Luanco (Asturias). O propio domingo terá lugar, no auditorio de Burela, o concerto de clausura do encontro ás 12:30 horas”.
O Concello amosa o seu agradecemento á fundación por ter elixido unha vez máis a Burela para acoller o evento.
O Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá un concerto performance a cargo de Auga Menacho e David Bellas o día 14 de febreiro, venres, ás 21:00 horas.
Esta actividade está organizada pola asociación cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “o primeiro evento deste 2025 é un concerto-performance de David Bellas e Agua Menacho, dous mariñáns que de seguro van sorprendernos. Para ir facendo boca un pequeno adianto: Isorritmias (2025). Musical performance. A isorritmia é unha técnica de composición desenvolta a partir do século XIII e en uso ata o século XV. Consiste no uso repetitivo de patróns rítmicos e/ou melódicos. Neste caso baixo a óptica dos métodos de composición/improvisación dos séculos XX e XXI levados ao vehículo da gaita de fole. Quero ser unha vaca: Unha muller camiñando. Unha cidade....
leer másO Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 8 de febreiro, hai novo Guateque de Arruguiñas. Será no Local Social da Senra ás 20:00 horas e actuará a cantante Verónica Cambón.
Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo coa colaboración da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal.
Este sábado, día 25 de xaneiro, o Concello de Cervo celebrará un novo Guateque de Arruguiñas. Será ás 21:00 horas no local social de Lieiro, coa colaboración da asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro, e contará coa actuación do dúo Dilema.
O Concello de Cervo anuncia que esta actividade é gratuíta está aberta a todo o público.
El Mundo de los Muñecos llega a Burela el 1 de febrero. Se trata de un espectáculo musical para niñ@s de todas las edades, en el que habrá magia, payasos y los personajes más conocidos del mundo del cine y de la televisión.
Será en el auditorio de Burela a partir de las 17:30 horas. La duración aproximada del espectáculo es de 70 minutos.
Las entradas, al precio de 8 euros, ya pueden adquirirse en ticketrona.com