O Conservatorio de Música de Viveiro ofrece concertos na cidade do Landro os días 18, 19 e 20 de decembro
O Concello de Viveiro anuncia que “o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro segue coa súa programación de audicións e concertos deste mes. O Concello de Viveiro convida á veciñanza a asistir aos concertos que se celebrarán esta semana en diferentes puntos do municipio. Este mércores, día 18 de decembro, será a quenda de guitarra e piano e o xoves 19, de saxofón e piano, en ambos casos ás 19:30 horas no Conservatorio. O venres 20 rematará a programación co pasarrúas do grupo de gaitas ás 18:00 horas e o concerto da Orquestra de Corda e o Coro Lois Tobío ás 20:30 horas na igrexa de Santa María”.