O guateque Arruguiñas celébrase este domingo, 2 de xuño, en San Ciprián

Este domingo, día 2 de xuño, haberá un novo guateque do programa de actividades Arruguiñas . Estará amenizado polo dúo Primera Línea e será na Casa do Mar, en San Ciprián, desde as 19:30 horas.

Esta actividade está organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terra Mar.