Música
Foz acollerá esta semana o XII Encontro de Canto Coral de Nadal. Será o domingo, 21 de decembro, na Sala Bahía a partir das 18:30 horas. Nel participarán diferentes coros da vila coma o Coro Parroquial Virxe da Peregrina de Cordido, o Coro Parroquial de Cangas, o Coro Os Castros, tamén de Cangas; o Coro Parroquial de Foz, o Grupo Mar Aberto e a Coral Polifónica de Foz. O acto está organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, quen esta mesma semana programou tamén a proxección do film Le Week-end no Cenima, o xoves 18, e o Festival en beneficio do Asilo de Anciáns, o sábado 20.
Foz acollerá esta semana tres actividades lúdicas englobadas dentro da programación organizada pola área de Cultura do Concello para o mes de decembro. Os actos comezarán hoxe, xoves 18, coa proxección da película Le Week-end ás 20:30 horas no Cenima, e continuarán o sábado, 20 de decembro, coa celebración do Festival en Beneficio do Asilo de Anciáns de Foz. Será a partir das 18:30 horas, na Sala Bahía.
Dende a Concellería de Cultura de Foz informan que a proxección da comedia romántica Le Week-end forma parte do ciclo de Cinema no Cenima, que se leva a cabo neste mes de decembro no municipio, grazas ao apoio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. O prezo para poder acceder á proxección deste filme será de 3 euros por entrada e os...
leer más
A Banda de Música Municipal de Ribadeo estreará dúas obras no tradicional concerto Aquí como en Viena, que se celebrará o día 28 deste mes, domingo, ás 20:30 horas no Cine Teatro ribadense con entrada de balde. O director da banda municipal de Ribadeo, David Ballester, explicou que "nestas datas, como sempre, chega o concerto Aquí como en Viena, que xa é un clásico da banda de Ribadeo. A diferenza do ano pasado, que fora un conto no que tocamos todo obras que desembocaban en Viena, nesta ocasión faremos unha pequena festa ao principio, na que haberá invitados internacionais e da nosa terra, e despois desembocaremos, como non pode ser menos, en Viena, coas polcas, valses e demais obras típicas deste concerto".
David Ballester destacou que nesta edición de Aquí como en Viena a Banda...
leer más
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 20 de decembro, no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal. Como novidade, este ano a festival estará dividido en dúas sesións. Nunha primeira, ás 12.00 horas, actuará o grupo de Música e Movemento, Predanza 1, 2 e 3, Preparatorio danza, ballet 1 e moderno 1 e xa ás 18.00 horas o farán o resto de agrupacións instrumentais e grupos de danza e ballet da Escola. No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como valses, música moderna ou pasodobres. "O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena", apunta...
leer más
A Foz continua coa súa programación de outono este fin de semana e presenta dous novos actos. O primeiro terá lugar mañá, venres, na Casa da Cultura da vila Ás 20:00 horas. Trátase do concerto da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo). Este acto, con entrada gratuíta, forma parte do I Festival de Bandas de Música A Capela, organizado polo Concello focense coa colaboración coa Deputación de Lugo.
A segunda actividade levarase a...
leer másCinco novos músicos debutarán coa banda municipal de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrará este sábado, día 22, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester Martínez, anunciou que “este sábado, día 22 de novembro, que é xusto o día da patroa dos músicos, Santa Cilla, vai ter lugar o concerto na súa honra por parte da Banda Municipal de Música de Ribadeo no Cine Teatro ás oito e media da tarde. Este ano, como novidade, a xente pode ver polas rúas que os carteis que anuncian o concerto inclúen un dos debuxos feitos por rapaces dos colexios de Ribadeo”. Nesta ocasión o debuxo elixido é o realizado por Estela Bravo Montero, alumna de sexto de Primaria do colexio Gregorio Sanz.
...
leer más
A Biblioteca Municipal de Foz organiza, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, un concerto de fado en galego para este sábado, 15 de novembro, a cargo dos músicos Gonçalo Guerreiro e Dani Pais. O acto terá lugar ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz baixo o título Os sons do vento que pasa. Está dirixido a público de tódalas idades e, coma noutros actos anteriores organizados a través do programa de dinamización lingüística FalaRedes, a entrada será libre e de balde ata completar aforo.
Con esta proposta da Biblioteca Municipal de Foz, o público en xeral poderá gozar da música en galego a través dun coidado...
leer más
A Delegación de Cultura do Concello de Foz celebra o mes da música para conmemorar a festividade de Santa Cilla con tres concertos.
A primeira desas actuacións será este venres, día 14, ás 20 horas na Casa da Cultura e correrá a cargo da Big Band de Foz. A segunda será o sábado 22 ás 20 horas na Sala Bahía e actuará a Banda de Música de Foz e a terceira terá lugar na Casa da Cultura o venres 28 ás 20 horas a cargo da banda infantil de jazz For Fun, do Conservatorio de Fingoi (Lugo...
leer más