A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto solidario co obxectivo de conseguir fondos para nen@s orf@s de Uganda. Será o 12 de agosto.

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto solidario co obxectivo de conseguir fondos para nen@s orf@s de Uganda. Será o 12 de agosto.
 
O Concello de Burela colabora con Música para salvar vidas que o 12 de agosto traerá a Burela un concerto de Abataano, The Joy of Africa, en beneficio dos nenos e nenas orfos de Uganda. Nel participan a mezzosoprano Nabbaale Harriett, a contralto Nabulya Deborah, o barítono Kimeze Joshua, os baixos Kamogga Morris  e Mayanja Louis e o director Ssentenza Derrick. Será no Auditorio da Casa da Cultura ás 21 horas. 
Trátase dun proxecto de axuda a cativos para aprender e medrar a través da música e da danza coa fin de atopar un futuro no seu propio país. 
A entrada é libre e gratuíta.
O evento está organizado por Música para salvar vidas e conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Xuventude.