Libros

Etiquetas:
14/05/2017

Na Librería Bahía celebrarán o día das letras galegas o 18 de maio por ser festivo o día 17.
Desde este establecemento explican que “organizamos en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco un coloquio co escritor vivariense Manuel Lopez, xerente de Gráficas Lar, editor e autor do relato Tres Balas, editado por Edicións Embora”.

Tres Balas é o relato do último día da vida dun fuxido da Guerra Civil. A través dos acontecementos e pensamentos do seu personaxe, Manuel da conta cunha prosa fermosa e concisa do que foi a realidade dos fuxidos e de todos aqueles que, dende as vilas e aldeas, mantiveron contacto con eles. Unha historia próxima aínda no tempo que cómpre manter viva.

Ademais do coloquio que se celebrará o xoves, 18 de maio, ás oito e media da tarde, durante todo o día o libro galego terá un 10...

leer más
Etiquetas:
07/05/2017

A Casa das Letras, de Ribadeo, acolleu o venres a numeroso público para asistir á presentación da publicación titulada As covas do rei Cintolo, editada por Lar e na que se recolle de forma facsimilar un libro de Daniel Cortezón, do ano 1956, e un cómic de Suso Peña. 

No acto interviñeron o editor, Manuel López; o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa; o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña; e a deputada provincial responsable da Área de Cultura, María Pilar García Porto. Tamén estiveron as viúvas dos ribadenses Daniel Cortezón e Suso Peña, Mati e Carmucha.

O responsable de Libros Lar, Manuel López, manifestou hoxe que “na presentación saíu todo estupendamente: asistiu moito público, as intervencións dos convidados estiveron de luxo, houbo moita emoción polo recordo a Daniel Cortezón e Suso...

leer más
01/05/2017

O libro titulado Vinte obras de teatro afeccionado, escrito por Pepe Peinó, será presentado o día 6 de maio, sábado, ás oito da tarde no salón de actos do Concello de Lourenzá.

Este evento, organizado pola Concellería de Cultura, contará coas intervencións de Pepe Peinó e de Antonio Jesús Lorenzo Cachín. Durante a presentación representarase un fragmento da obra Non volvas, Salustio, non volvas, que será interpretada por Antonio Jesús Lorenzo Cachín, Juan García e o propio autor. A continuación poderanse mercar exemplares do libro e o autor asinaraos.

 

Etiquetas:
29/04/2017

Libros Lar editou a publicación As covas do rei Cintolo, na que se recolle de forma facsimilar un libro de Daniel Cortezón, do ano 1956, e un cómic de Suso Peña, as dúas obras co mesmo título. A presentación celebrarase este vindeiro venres, día 5 de maio, ás 20:15 horas na Casa das Letras, de Ribadeo. No acto intervirán o editor, Manuel López; o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa; o concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña; e a deputada provincial responsable da Área de Cultura, María Pilar García Porto. Tamén asistirán as viúvas dos ribadenses Daniel Cortezón e Suso Peña, Mati e Carmucha.

O editor explicou que “a publicación consiste en reunir nun único volume dúas obras de dúas persoas coas que me uniu unha fonda amizade por moito tempo e que á súa vez eran moi amigas entre elas: Daniel Cortezón e Suso Peña. A...

leer más
Etiquetas:
28/04/2017

Las instalaciones de Librería Bahía, de Foz, acogieron en la tarde de ayer la presentación del libro El puto amor, de Malena Baqueiro. La autora, argentina de origen gallego, visita con frecuencia A Mariña lucense, donde ya expuso también su obra pictórica. 

El puto amor narra la historia de Francisca, una mujer que vivía serena y apaciblemente. Un hecho intempestivo destruye su castillo de amor e ilusión, huye del lugar y parte hacia el olvido. Las fuerzas internas y su integridad no pudieron ser destruidas. Francisca transforma su vida con tal fuerza que la onda expansiva incluye a un pueblo y alcanza una nueva felicidad. 

La obra forma parte de las historias aventadas que Malena Baqueiro escribió en A Mariña lucense. 

El puto amor fue editado por Elena Dablanca, lucense afincada en...

leer más
Etiquetas:
25/04/2017

O vindeiro xoves, 27 de abril, terá lugar a presentación do libro El puto amor, de Malena Baqueiro. A autora é arxentina de nacemento e de orixe galego. 

Xunto a ela estará a editora da obra, Elena Dablanca, lucense e residente en Barreiros. Encargarase de conducir o acto Melodi Parga, barreirense, licenciada en Historia da Arte e creativa. 

O acto é aberto a todo o público. Terá lugar na Librería Bahía a partir das 20:30 horas. 

 

Etiquetas:
20/04/2017

O domingo, día 23, de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Por caer en domingo, este ano é un pouco especial e na Librería Bahía, de Foz, vano celebrar tamén dun xeito un pouco especial.

Os seus propietarios explican que “durante toda a mañá levaremos unha gran mesa de libros á explanada da Praza Conde de Fontao e sacaremos tamén os libros á rúa diante da nosa librería na Avenida da Mariña. Na praza faremos ademais un gran cartel de homenaxe ao libro coa colaboración de toda a xente que se achegue a celebrar con nós esta data festiva para todos os amantes dos libros e da literatura.

Durante toda a mañá do domingo os libros venderanse cun desconto do 10% que se prolongará tamén durante toda a xornada do luns, 24 de abril, na librería.

 

Etiquetas:
19/04/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, programa unha fin de semana literaria con diversas actividades que xirarán ao redor da lectura e a tradición oral.
Deste xeito, o sábado, 22 de abril terá lugar a actividade Bibliocanta, para nenos de entre 3 e 12 anos.

A cita será no salón de actos do Concello de Cervo ás 19:30 horas.

Trátase dunha actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito, da rede de Bibliotecas de Galicia, que propón aos nenos e nenas unha fórmula divertida para que tomen contacto co cancioneiro tradicional galego, co obxectivo de recuperar e que non caian no esquecemento ditos, recitados e cancións, recuperándoos así como forma de lecer e expresión. 

A actividade será impartida por Chío Couto Rendo.

Ademais, o domingo 23 de...

leer más
Etiquetas:
03/04/2017

O autor e actor de teatro Pepe Peinó presenta o seu libro Vinte obras de teatro afeccionado, o 16 de abril ás 12:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz.

Pepe Peinó ten escrito máis de medio centenar de obras de teatro cómicas que se representaron por decenas de escenarios da provincia de Lugo e do occidente asturiano. O autor fixo unha escolma de vinte desas obras que recolle nesta publicación que agora presenta.

O prólogo do libro é obra de Manuel Lourenzo e Pepe Blanco das ilustracións. Pepe Peinó manifesta o seu agradecemento a ambos, e cualifica a Manuel Lourenzo como “mestre insigne no eido teatral”, e de Pepe Blanco di que “é o incomparable artista que durante tantos anos deseñou os debuxos da fábrica de Sargadelos”.

A presentación correrá a cargo de Matías Nicieza, e nela Pepe Peinó...

leer más
Etiquetas:
29/03/2017

Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 

Cada ano un país é o patrocinador internacional do Día do Libro Infantil. Elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. 

Este ano correspóndelle a Rusia que difunde a mensaxe do poeta Sergey Makhotin e o cartel del Mikhail Fedorow. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e...

leer más