Libros
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron na biblioteca municipal do municipio do Landro, un libro monográfico sobre a figura e obra de Maruja Malloeditado pola Deputación, a cargo da catedrática Victoria Carballo-Calero, quen participou tamén na presentación. Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.
García Porto apuntou que “a través desta publicación poñemos en valor a vida e obra dunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un...
leer másNa Librería Bahía van celebrar o Nadal este domingo, día 17 de decembro, ás doce da mañá cunha sesión de Familias que contan.
“Nesta ocasión serán Marietta Tornamira e o seu fillo Luis Carballada os que nos traerán O CONTO DE NADAL de Charles Dickens. Marietta e Luis prepararon unha versión infantil deste clásico de Dickens para achegalo ás pícaras e aos pícaros máis pequenos”, explicarn desde a Librería Bahía.
Familias que contan é unha iniciativa da Librería Bahía que está tendo unha gran acollida tanto de participantes coma de público, na que son as propias familias as que preparan –xunto coa libreira- unha sesión de contos aberta para todos os que queiran a chegarse á librería e participar dela.
A novela A raíña das velutinas de Lionel Rexes será presentada en Mondoñedo o 2 de decembro. O acto terá lugar na Casa da Penela en Vilamor, ás 19:00 horas. Precisamente a narración xurdiu nese establecemento de turismo rural.
Tras a presentación celebrarase unha cea no mesmo local, para a que é preciso anotarse, e pode facerse no teléfono 645 97 18 77. O prezo da cea é 20 euros e a data límite para a inscrición o luns 27 de novembro.
O acto de presentación estará amenizado polo cantautor Miro Casabella e polo músico e escritor mindoniense Fran Bouso. A mesa de presentación estará formada, amais de polo propio autor, por Xulio Rodríguez Leiras -activista cultural mindoniense-, Fernanda Cedrón Trigo –neta do mítico guerrilleiro mariñao O Gardarríos-, e Bernardo Penabade –profesor de lingua galega que elaborou unha...
leer másO próximo martes, 21 de novembro, ás oito e media da tarde Xabier Grandío, presentará na Librería Bahía de Foz o seu libro “Tarot Rider Waiter, Claves para interpretarlo”.
No acto o autor explicará a interpretación desta modalidade de Tarot para posteriormente dialogar e aclarar dúbidas dos asistentes sobre o mesmo. Tamén asinará exemplares desta publicación.
Este sábado, 11 de novembro, na Librería Bahía haberá “unha nova sesión de Familias que contan, o proxecto que levamos adiante na librería no que son as propias familias as que preparan unha historia para contar, aberta a todo o público”, explican desde este establecemento.
O sábado ás doce da mañá a historia vai ser “O peixe de cores”
Van contar: Ana Belén Otero Montenegro coa súa filla Sofía Cordal Otero e Isabel Sánchez Corral co seu fillo Adrián Fernández Sánchez.
Ademais o 10 de novembro celébrase o día das librerías, “e este día teremos un 5% de desconto en todos os libros –desconto máximo permitido pola lei do libro- e celebraremos unha sesión do obradoiro de escritura que leva adiante na Librería Bahía o poeta Eduardo Estevez”, engaden.
O vindeiro xoves, 2 de novembro, ás oito e media da tarde, na Librería Bahía de Foz, Paco Rivas vai presentar o seu último libro: Mar… usía. Relatos Salpresados. Editado por Baía Edicións.
Trátase dun conxunto de relatos que teñen como protagonistas ao mar e as súas xentes.
Xunto co autor, estarán na Librería Bahía, de Foz, o profesor Bernardo Penabade e a editora Belén López Vázquez.
As Deputadas Mayra García Bermúdez, Sonsoles López Izquierdo e Pilar García Porto, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto González, xunto áprofesora María Isabel Fernández García, presentaron no obradoiro do libro do Centro de Artesanía e Deseño, Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Trátase do libro editado polo Executivo Provincial a través do Servizo de Publicacións, que recolle a vida e obra desta lucense a través de fotografías, recortes de prensa e documentos. Manuela Barreiro Pico foi a primeira muller en acadar o título de Bacharelato no instituto de Lugo, en 1896; a primeira matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, en 1896; e a primeira licenciada en Farmacia en Galicia e sétima de España, no ano 1900.
García Bermúdez destacou que “Manuela Barreiro Pico foi...
leer másO día 10 chega ás librarías A raíña das velutinas, a novela de Lionel Rexes premiada no certame Lueiro Rey do Concello do Grove hai uns meses.
A obra foi editada por Xerais e en breve será presentada en diversas localidades da comarca, non obstante, poderá ser adquirida a partires deste martes.
O autor conta con seis galardóns anteriores obtidos en certames de relato curto, entre eles o Pedrón de Ouro e o Lonxa Literaria.
A presentación oficial desta novela terá lugar no mes de outubro no Concello do Grove (en data aínda por concretar); o seguinte acto de presentación celebrarase na Casa da Penela (Vilamor, Mondoñedo), lugar onde se desenvolve boa parte da acción da novela.
Desta obra, o xurado do premio grovense salientou: “o seu brillante labor de documentación e as historias...
A recentemente creada A Xanela Editorial abre o seu camiño editor cun libro moi especial: Elas, de Aurora Marco, que se presentará o vindeiro 29 de setembro en Ribadeo nun acto na Escola Municipal de Música e Danza.
Segundo explican desde a Concellaría de Igualdade “a ensaísta, catedrática de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela, quixo mostrar nesta obra as contribucións das mulleres galegas nos diferentes ámbitos de ocupación desde as orixes ata 1975, ano de cambios políticos e punto de partida da revisión da situación e dereitos das mulleres”.
E engaden que “o libro, editado por A Xanela Editorial, é froito do labor de investigación iniciado na década dos 80 e recolle unha compilación de biografías que permiten ter unha visión do papel determinante da muller galega na sociedade...
leer másA terceira edición da Feira do Libro de Burela, que terá lugar do venres 25 ao domingo 27 de agosto, acollerá presentacións de moitos escritores e escritoras da Mariña ademais doutros de fora de Galicia como Matías Escalera ou Salvador Robles. A feira contará con dez casetas instaladas na Praza da Mariña que abrirán en horario de 11:00 a 14:00 horas polas mañás, e de 17:00 a 22:00 horas polas tardes. A inauguración oficial será o sábado ás 12:30 horas coa asistencia da pregoeira, a escritora Marica Campo, a deputada de Cultura, Pilar García Porto, o alcalde burelés, Alfredo Llano, e o concelleiro de Cultura, José Díaz.
O edil burelés comentou que “el próximo fin de semana celebramos aquí en Burela la tercera Feria del Libro. En esta edición pretendemos consolidarla y dotarla de actividades paralelas para que la hagan más atractiva....
leer más