Libros
21/11/2016
A obra Mortos por amor á terra de Ramón Ermida presentase este venres, 25 de novembro, en Mondoñedo.
No acto que terá lugar na Casa da Xuventude ás 20:30 horas, intervirán o investigador Cidre Fernández, o historiador Eliseo Fernández e o autor, Ramón Ermida, quen falará da represión sobre o nacionalismo galego entre os anos 1936 e 1950 facendo especial fincapé sobre a represión franquista en Mondoñedo.
03/11/2016
Este sábado, 5 de novembro, ás doce da mañá na Librería Bahía de Foz haberá unha nova sesión dos “Sábados de Conto”.
Haberá contacontos e taller sobre o libro “Lágrimas bajo la cama”, coa súa autora e editora, a lucense Ana Meilán.
“Simón é un neno de bágoas fáciles e por iso todos lle chaman chorón. Un día toma unha decisión drástica. Qué vai facer Simón coas súas bágoas? Si queredes sabelo, vinde á Librería Bahía o vindeiro sábado”, explican os organizadores.
20/10/2016
Comezan as actividades na Librería Bahía, en Foz, cos Sábados de Conto.
Sofía Manín e Mariña Balseiro son dúas nenas de nove anos ás que lles gusta moito ler historias, e o bo é que... tamén lles gusta contalas!
Este sábado, 22 de outubro, vanse estrear como contadoras na Librería Bahía onde lles escoitaremos a historia de Carabuñas, un ogro moi malo que se topou cunha nena moi lista…
Sonia e Mariña estarán na Librería Bahía este sábado ás doce da mañá.
25/08/2016
Durante os días 26, 27 e 28 de agosto a II Feira do Libro acollerá diversas actividades como presentacións de libros, actuacións musicais e debates con escritores. A praza da Mariña será o escenario deste evento. O alcalde, Alfredo Llano, anima a achegarse a Burela ao longo destes días.
O rexedor comentou que “despois deste mes tan realmente activo aquí no noso concello de Burela con temas extraordinariamente atractivos para o público en xeral, para os nosos veciños e para a xente que estaba por aquí na comarca de vacacións, imos culminar con algo que a min me parece realmente importante como é a segunda edición da Feira do Libro que vai ter lugar o 26, 27 e 28 de agosto”.
22/08/2016
A reedición do libro Burela: Apuntes históricos y Crónica del siglo XX será presentada na segunda Feira do Libro que se celebrará en Burela durante os días 26, 27 e 28 deste mes.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “en Burela tenemos esta semana la segunda edición de la Feria del Libro. Estamos con muchas ganas todos los que llevamos la parte de Cultura, nos hace ilusión esta segunda feria siempre buscando mejorar la del año pasado. La verdad es que el balance fue bueno y quedamos contentos con ella, pero siempre se aprende de pequeños errores que se cometieron y esperemos aquí poder corregirlos y hacer una segunda feria que atraiga no sólo a nuestros vecinos de aquí sino a...
leer más 17/08/2016
"Mortos por amor á terra. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950)", de Xosé Ramón Ermida, será presentada o venres, 19 de agosto, ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Foz que se localiza na praza Conde de Fontao.
A publicación recolle un traballo de investigación histórica sobre diversos aspectos da represión franquista en Galicia con importantes referencias aos feitos acontecidos en Foz e no conxunto da Mariña.
Na presentación o venres 19 intervirán o autor, Xosé Ramón Ermida Meilán, o historiador Xoán Ramón Fernández Pacios, e o representante da editorial Sermos Galiza Xoán Costa.
13/08/2016
Foi presentada na Casa da Cultura de Foz a XXXI edición da Feira do Libro que terá lugar dos días 18 ao 21 deste mes. O número de stands case duplica o do pasado ano cun total de 8, que permanecerán abertos entre as 17:30 e as 22:00 horas.
O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, subliñou nesta presentación que “desde o Concello de Foz estamos unha vez máis moi agradecidos á Federación de Libreiros especialmente como organizadora da XXXI edición da Feira do Libro de Foz, pero tamén a todas aquelas administracións neste caso Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, e o propio Concello, pero tamén ao Centro Comercial Aberto de Foz, porque grazas a súa axuda a Feira do Libro chega a súa XXXI edición...
leer más 12/08/2016
Os xardíns do hotel O Cabazo, de Ribadeo, acolleron onte a presentación da guía turística en inglés The North of Lugo. Trátase dun proxecto da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia para dar a coñecer en 14 países europeos os atractivos turísticos do norte lugués. A guía foi elaborada por Faro Norte Comunicación e na mesma colaboran trece concellos do norte de Lugo, a Deputación Provincial e medio cento de empresas.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, fixo un repaso polos proxectos europeos de formación nos que está a participar esta asociación e que os levarán a viaxar a 14 países ao longo do vindeiro curso 2016-2017. Tamén en Ribadeo recibirán a visita de directores e docentes de varios centros de ensino europeos....
leer más 20/07/2016
O auditorio da Casa de Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, día 23, a presentación do libro de Borja Iglesias Rodríguez titulado Shine on you crazy diamond y otros relatos. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés.
Borja Iglesias naceu en San Ciprián en 1978 e actualmente reside en Las Palmas de Gran Canaria e traballa como psicólogo clínico no Servicio Canario de Salud. Anteriormente publicou as novelas Ceballos Urquijo, no ano 2010, e Rumbo al Sur, no 2015. Esta antoloxía de relatos que presenta o sábado na Casa da Cultura supón o seu debut no xénero do conto.
05/07/2016
Faro Norte Comunicación saca hoxe á rúa o segundo número de A Gaceta Ribadense, xornal que se edita coincidindo coa celebración do Ribadeo Indiano.
Na editorial desta publicación os seus autores explican que “a festa Ribadeo Indiano chega este ano á súa terceira edición, pero dá a sensación de que xa leva máis porque o seu interese medra rapidamente e son moitos os ribadenses e os veciños doutros lugares que cada vez se involucran máis neste evento. A este mesmo ritmo trepidante tamén crece esta publicación, que pasou das 8 páxinas do primeiro número, o publicado o ano pasado, ás 24 deste, grazas ao importante incremento no número de empresas e negocios que colaboran coa súa publicidade e tamén ao aumento no número de articulistas...
leer más