Libros
El escritor José Díaz presentará su nuevo libro titulado Área 51. Será este viernes, 24 de abril, a las nueve de la noche a través de facebook.
El autor explica que “es un libro de relatos con diferentes temáticas que tienen que ver con la percepción que tendrían de los humanos si nos vieran o nos visitaran seres de otros planetas. Evidentemente es ficción, está escrito desde la ironía y desde el sentido del humor, que en estos tiempos creo que viene bien. Está dividido en seis temáticas, lleva la colaboración de Otto Treto como ilustrador y la editorial es Blau Verd, de la comunidad valenciana”.
José Díaz comenta que “la idea inicial era presentarlo en bares, cafeterías y locales de hostelería tanto en Galicia como fuera de esta comunidad, pero ahora no se puede hacer por las circunstancias excepcionales que...
leer másO Concello de Viveiro pon en marcha desde mañá e ata o domingo a iniciativa ‘Tod@s Contan’ para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Mañá, 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e con motivo desta efeméride o Concello de Viveiro impulsa a iniciativa, mediante a que quere convidar a todas as persoas de 0 a 100 anos para que envíen fotografías ou pequenos vídeos, por exemplo unha foto da portada do libro favorito, un vídeo lendo, etcétera.
O material recibido será publicado na Programación Cultural do Concello de Viveiro e o obxectivo é encher esta rede cunha gran cantidade de fotos e vídeos sobre libros infantís e xuvenís.
A iniciativa servirá para coñecer os gustos da veciñanza e, ao mesmo tempo, que as súas preferencias sirvan de...
leer másO escritor mariñán Pepe Peinó foi premiado no IV Certame para Obras de Teatro Joven, convocado por unha editorial de San Fernando (Cádiz).
Él mesmo comentou que “veño de resultar premiado no IV Certame para Obras de Teatro Joven, que organiza a Editorial Dalya de San Fernando, Cádiz, coa miña obra Algo. Obtiven o primeiro premio na Categoría A, o que implica unha dotación económica, a publicación da obra (posiblemente en formato "espello", en castelán e en galego), a súa representación e promoción. Participaron arredor de 500 obras no concurso, de multitude de países do mundo e en diversos idiomas, pois o premio é internacional (a miña obra presenteina en galego)”.
Pepe Peinó amósase orgulloso de ter conseguido este premio: “un orgullo ter conseguido o Primeiro Premio na Categoría A no IV Certame Internacional...
leer másA editorial La Equilibrista de Barcelona vén de publicar a novela curta de Pepe Peinó titulada "A Solo no le gustaba su nombre". Haberá unha primeira presentación deste libro o vindeiro venres, 13 de marzo, na cafetería-confitería Xoyma, de Foz, ás 20,30 horas. Xunto a Pepe Peinó estarán o profesor e lingüista Bernardo Penabade e a cantante Almudena Cuadrado. O acto é libre para todo o público.
O autor explica que “a novela fala sobre a soidade. Case 7.000 millóns de habitantes no noso planeta, cada vez máis xuntos no espazo e con frecuencia cada vez máis separados. Cantas foron as veces en que nos sentimos sós somerxidos entre multitudes? E, a pesar de todo, canto nos custa recoñecer a nosa soidade! Canto nos custa chamar ás cousas polo seu nome! Trátase da miña primeira novela publicada en castelán. Unha breve historia de soidades e de...
leer másA Concellería de Cultura organiza diversas actividades con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, que se celebrarán o vindeiro luns, 24 de febreiro.
Ás 12:45 horas terá lugar a colocación na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do día de Rosalía e ás 12:55 hora procederase á lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Será no salón de plenos. E ás 13:00 horas o alumnado do CEIP Vista Alegre interpretará a canción Negra Sombra, baseada na composición de Rosalía de Castro. Estarán acompañados de Óscar Fernández, guitarrista de Eu Son Band.
Ao longo da vindeira semana farase un reparto nos colexios de Burela de marca páxinas conmemorativas, que tamén estarán dispoñibles para os usuarios e usuarias que se acheguen eses días á Biblioteca Municipal, á Casa da Xuventude ou ao propio...
leer másO Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de colaboración para a edición do libro Cruceiros, Cristos cruces, e outros monumentos de Ourol.
A institución provincial achega 5.500 euros para a edición de 600 exemplares desta publicación, que recolle o nome dos cruceiros, a análise da estrutura, materiais dos que están feitos os que están desaparecidos e como se leva a cabo a conservación dos cruceiros das oito parroquias. Este libro recolle tamén os cemiterios máis destacados do municipio, como son o de Ourol, Miñotos e Xerdiz,construídos coas achegas dos emigrantes, sendo de tradición indiana.
No traballo de recollida, a veciñanza colaborou co autor, Mario Saavedra Pérez, a quen guiaron por todas as zonas de onde se puido sacar a información para...
leer másO Concello de Mondoñedo arranca a 2ª edición da guía na que se presenta como municipio para investir. Así o indica a alcadesa, Elena Candia, quen valora positivamente esta iniciativa que recolle unha liña de axudasxa en vigor e xurde cun obxectivo claro, o de atraer investimento e crear postos de traballo no municipio.
O novo documento ponse en marcha unha vez que se acadaron os obxectivos da primeira edición. Proba delo, é que parte dos edificios que se identificaron como ociosos (naves de San Lázaro, antigo sanatario de Cabanela ou as casas indianas) xa teñen nestes momentos un proxecto en marcha.
A nova edición constitúe un dos principais instrumentos da entidade local contra a perda de poboación e enmárcase na liña do plan estratéxico de subvencións aprobado.Asemade, dá continuidade á primeira que incluso fora...
leer másA asociación A Pomba do Arco organiza a presentación do libro de Natalia Ramos Alonso,
A síndrome de Hayworth. O acto terá lugar o día 17 de xaneiro ás 20:30 horas na Librería Bahía de Foz.
Esta obra da escritora focega recibiu o Premio de Poesía O Facho 2019, convocado pola asociación coruñesa do mesmo nome.
A Síndrome de Hayworth é o primeiro poemario da escritora nacida en Vilaronte.
O Concello agasalla a todo o alumnado ribadense de 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra Made in Galiza, de Sechu Sende. As persoas interesadas en facerse co libro poden recollelo na biblioteca municipal calquera destes días, agás os festivos.
A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “desde hai uns días o Concello agasalla a todo o alumnado ribadense que cursa 4º de ESO e 1º de BAC cun exemplar da obra de Sechu Sende Made in Galiza e tamén poderán desfutar da versión que fan desta obra Os Quinquilláns o día 21 de febreiro co seu Language planning”.
A edil dixo que “se trata dunha obra que nos convida a reflexionar sobre a nosa lingua, que é de lectura obrigada nalgún dos cursos para o segundo trimestre deste curso escolar”. E subliñou que “todo este alumnado de 4º de ESO e de 1º de BAC pode...
leer más