Libros
A Casa da Cultura vicedense acollerá o 12 de xuño a presentación do libro "Sucesos marítimos do Porto do Vicedo", de Hixinio Puentes, onde se repasa a historia de diferentes sucesos marítimos dos que o autor puido recompilar información de diferentes fontes e que teñen como punto en común a zona marítima do Vicedo ou protagonistas do Vicedo. O libro contén tamén unha morea de curiosidades sobre a zona e o mundo do mar que o fan moi ameno. A edición do libro contou coa axuda económica da Deputación de Lugo.
A presentación será este sábado, 12 de xuño, ás 12 da mañá no Salón de Actos da Casa da Cultura e contará coa presenza do propio autor, Hixinio Puentes, e do alcalde do Vicedo, Jesús Novo.
Debido ás limitacións sanitarias da COVID-19 o aforo será limitado.
O libro de Fran Zabaleta titulado A(través)ando Galicia será presentado no salón de actos da Casa da Cultura de A Pontenova o día 12 de xuño, sábado, ás 21:00 horas.
O autor, Francisco Javier Zabaleta Estévez, é un escritor, editor e guionista vigués apaixonado pola historia, a literatura e as viaxes. En setembro de 2020, despois de moitos meses de confinamento, decidiu atravesar Galicia de extremo a extremo, partindo de Ribadeo para rematar en A Guarda. Esta publicación é froito dese percorrido.
A Biblioteca de O Vicedo celebra o día 14 de maio o Día das Letras Galegas ademais do Día do Libro Infantil e o Día das Bibliotecas.
Este venres, 14 de maio, ao longo da tarde, na Biblioteca do Vicedo expedirase o carné de biblioteca gratuíto que servirá tamén para calquera biblioteca da comarca e do resto de Galicia.
Ademais entregarase un pequeno agasallo para cada neno e nena que ese día se pase pola Biblioteca do Vicedo.
Esta actividade está organizada coa colaboración do Concello de O Vicedo e a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Do 14 ao 17 de maio terá lugar Letras no Campo, a sétima edición da feira do libro de Ribadeo, que organiza a Concellaría de Cultura. Ao longo desas xornadas haberá presentacións, música e divertimento. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello.
A edil Pilar Otero dixo que “despois do parón do ano pasado imposto pola covid e baixo o lema a cultura é segura, o Concello de Ribadeo organiza para esta fin de semana a sétima edición de Letras no Campo, feira ribadense do libro. Das outras veces este evento que implica librarías, editoriais, autores e autoras e lectores e lectoras facíase xa entrado o verán. Preténdese, ao programalo para mediados de maio, contribuír á desestacionalización das ofertas que axuden a dinamizar o concello”.
A concelleira de Cultura explicou que “Letras no Campo...
leer másO vindeiro venres, 7 de maio, ás oito da tarde na Casa da Cultura, en San Ciprián, terá lugar a presentación do libro “A Solo no le gustaba su nombre”, de Pepe Peinó.
O aforo será limitado. É obrigatorio inscribirse para asistir
ao evento chamando ao 982 59 51 57 ou enviando un whatsapp ao 691 656 600.
A cita cultural celebrarase respectando todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.
Pepe Peinó contará co acompañamento literario de Bernardo Penabade e co musical de Almudena Cuadrado.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, asinaron un convenio polo que a Xunta colaborará con 120.000€ na celebración das 12 citas que compoñen este ano o calendario das Feiras do Libro de Galicia, das que o Goberno galego é a principal institución patrocinadora. O obxectivo deste apoio, enmarcado no Plan de reactivación para o sector cultural, é achegar o libro á cidadanía a través da exhibición, difusión e comercialización profesional.
O titular de Cultura da Xunta de Galicia salientou que este apoio reflicte o firme compromiso da Administración autonómica co sector cultural, pois asegura a realización de citas culturais que buscan dar a coñecer “o mellor das nosas letras mediante a promoción dos autores, o impulso de certames literarios e...
leer másO Concello de Cervo, a través da área de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, conmemora este Día do Libro cunha actividade virtual interactiva na que convidan a participar a toda a veciñanza e seguidores/as destas plataformas.
As persoas que desexen participar tan só teñen que recomendar a través das súas redes sociais un libro e citar unha frase que lles inspire que atopen entre as súas páxinas e etiquetar ao Concello de Cervo no facebook ou a @cervocultura no instagram.
Só por participar recibirán un bonito artículo en pel confeccionado neste caso, pola artesá local Maria Jul Rivas.
Tal e como apuntou Caramés "non nos cansamos de dicir que é todo un luxo a canteira de artesáns e artesás que temos no noso municipio. Desde o Concello, como non podería ser doutro xeito, tentamos colaborar con eles/as...
leer másO concelleiro de Cultura, José Díaz, agradécelle ao Ayuntamiento barcelonés de Montmeló o envío de varios exemplares da publicación Redescubriendo la fábrica Cucurny, que estarán a disposición das veciñas e dos veciños de Burela para a súa consulta na Biblioteca Municipal. A revista recolle as orixes desa fábrica en Montmeló e en Burela e a importancia que tivo para a localidade mariñá.
José Díaz dixo: “queremos agradecer desde el Concello de Burela al Ayuntamiento de Montmeló, en Barcelona, el envío que nos han hecho estos días de varios ejemplares de una publicación que se llama Redescubriendo la fábrica Cucurny. Nos acaban de llegar varios ejemplares de una revista ilustrada, muy bien hecha, tanto en la parte escrita como en la de fotografías que ilustran muy bien y resumen la historia de esta importantísima fábrica, para ellos en...
leer másEste venres, 23 de abril, celébrase o día do libro. En Foz, as librerías da vila sairán á praza situada na Glorieta de Vilalba, “alí teremos durante todo o día os nosos stands con libros e estaremos acompañadas de música para ambientar a xornada. Durante todo o día, como corresponde á xornada que celebramos, todos os libros terán un 10% de desconto”, sinalan desde as librerías focenses.
E engaden: “ademais teremos con nós a tres escritoras pola tarde para asinar as súas obras: de cinco a seis e media estarán con nós as poetas María Lado e Lucía Aldao que asinarán exemplares da súa última obra Ninguén morreu de ler poesía, editada por Xerais.
De seis e media a oito estará con nós o poeta local Paco Rivas, que asinará exemplares das súas últimas obras: Rosas envaíñadas e A lúa non era lúa, editadas por Medulia editorial e Edicións...
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que o Concello de Foz “continúa coa súa decidida aposta pola Cultura. Para conmemorar o día do libro as rúas engalanáranse e encheranse de actividades”.
Inés López explica que “o venres 23 os libros tomarán as rúas focegas. As librarías do concello sacarán á praza da glorieta de Vilalba unha mostra das novidades editoriais e dos múltiples libros que se poden atopar nos seus anaqueis. Durante a xornada haberá sinatura de libros durante a tarde e música”.
A edil especifica que “durante a mañá do mesmo venres a sinatura de libros será nunha caseta que se instalará na Praza do Concello. Dende a Delegación de Cultura quérese achegar o hábito da lectura a toda a poboación, para o cal se agasallará con libros aos veciños que pasen por ela e tamén na Biblioteca Municipal...
leer más