Desde o 2015 o Castelo do Castrodouro ten unha programación cultural continuada durante todo o ano, con actividades que van desde a celebración de eventos relacionados coas artes (fotografía, pintura, teatro…) ata a recuperación de oficios traicionáis en extinción tan propios da nosa cultura galega como o oficio de zoqueiro. O Castelo do Castrodouro conta probablemente coa colección de calzado tradicional de madeira máis importante de todo Galicia e, durante todo o ano, realízanse demostracións deste oficio a través do zoqueiro alfocense Alberto Geada.
Ante a necesidade de realizar traballos de mantemento nas instalacións, a torre permanecerá pechada dunrante o vindeiro mes, “coincidindo coa época de menor número de visitantas no castelo” Tael e como apunta Xabier Pardiñas, responsable da área de Cultura e Turismo.
As actuacións que se levarán a cabo están baseadas na necesidade de instalar un sistema de protección que garanta a seguridade do inmoble xa que na actualidade, ademais da colección de calzado tradicional de madeira, durante todo o ano expóñense pezas de gran valor que xa foron obxecto de intentos de furto. O sistema de seguridade estará provisto dunha instalación de seguridade contra a intrusión e un sistema de videovixilancia, así como a instalación de elementos antifurto.
A carencia dun sistema de protección adecuado impide que o Castelo do Castrodouro poda contar coa exposición de certas pezas de relativa importancia dentro do noso patrimonio cultural, relacionadas nalgún caso coa historia de Alfoz e co Mariscal Pardo de Cela, feito que xustifica a necesidade deste investimento, que ascende a 6.751,80 euros, dos que 3.876,97 serán financiados pola Secretaria Xeral de Cultura, e os restantes polo propio Concello de Alfoz.