Juan Manuel Ponte Juanel presenta unha exposición de debuxos no Cenima de Foz.
A mostra está composta por unha serie de 25 obras realizadas a carboncillo e lápices de cores. A temática elixida polo artista ribadense, afincado en Foz, son paisaxes galegos e instantáneas do Foz antigo, moitas delas relacionadas co mar.
A exposición pode visitarse ata o día 30 de xullo en horario de 19:30 a 22:00.