Debuxos

Etiquetas:
14/01/2021

O Complexo Regalxunqueira, de Viveiro, acolle ata o vindeiro 1 de xuño, a exposición Joaquín Sabina. Garabatos e Cancións.

Garabatos é un caderno que reúne decenas de debuxos, pinturas e bosquexos realizados polo artista durante as súas xiras e na súa intimidade. Consta de dous volumes de gran formato. O primeiro recolle 66 debuxos que se expoñen en Regalxunqueira. Son facsimilares acompañados de versos manuscritos de Sabina, e un despregable con 74 retratos. Moitas imaxes están inspiradas por mulleres, varias con toques eróticos, ou polas andanzas nocturnas do autor. O segundo volume repasa o universo creativo de Sabina a través da mirada de grandes autores e personalidades do mundo da arte, como o director artístico do Museo Thyssen de Madrid, Guillermo Solaina. Trátase dun traballo completamente artesanal, que tardou dous anos en...

leer más
Etiquetas:
13/09/2020

A asociación A Concordia, de Ribadeo, organiza unha exposición antolóxica dos debuxos e gravados de Amando Suárez Couto (1894-1981), que foi destacado artista e animador cultural ribadense do século XX.

Amando Suárez Couto, entre outras actividades nas que colaborou sempre desinteresadamente, foi fundador do fútbol ribadense en 1913, e da Biblioteca Popular Circulante en 1927. Nos anos vinte colaborou no movemento galeguista con debuxos en La Comarca, Ronsel e Céltiga. En 1933 en Madrid fai os gravados para o Ribadeo Antiguo, de Francisco Lanza, dos que unha parte se amosan na exposición. De volta a Ribadeo exerce como profesor no Colexio Santo Tomás de Aquino. Co seu irmán Carlos nos anos corenta impulsan a Xira de Santa Cruz e nos anos sesenta fundan o grupo de gaiteiras Saudade. Colabora con Carlos Álvarez Fernández Cid na fundación da...

leer más
Etiquetas:
18/07/2019

Juan Manuel Ponte Juanel presenta unha exposición de debuxos no Cenima de Foz.

A mostra está composta por unha serie de 25 obras realizadas a carboncillo e lápices de cores. A temática elixida polo artista ribadense, afincado en Foz, son paisaxes galegos e instantáneas do Foz antigo, moitas delas relacionadas co mar.

A exposición pode visitarse ata o día 30 de xullo en horario de 19:30 a 22:00.