Tras o éxito das anteriores entregas, este Mércores de Natureza, 19 de xullo, propón o percorrido de 20 kms seguindo o itinerario do Camiño Natural do Cantábrico, sempre pegado á costa. Poderán visualizarse as zonas da praia das Catedrais, Rinlo e Ribadeo. Sen embargo, realizarase en sentido contrario ao habitual para aproveitar a marea baixa da mañá e poder disfrutar da praia das Catedrais.
A ruta durará todo o día xa que a saída está prevista para ás 10 horas en tren dende O Vicedo, para iniciar a ruta ás 11 e así regresar no tren que sae de Ribadeo ás 18.40 horas. Para anotarse á actividade debe facerse no teléfono 982.59.01.95 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org