Eventos
31/03/2015
O Concello informou hoxe de que a Oficina de Turismo, situada no antigo quiosco de Juana, permanece aberta ao público durante a Semana Santa. Este servizo estase prestando dende onte e manterase ata o sábado co obxectivo de atender e asesorar aos visitantes “para ayudarlos a conocer nuestro concello y darles información sobre alojamiento, restauración y comercios, pero también sobre medios de transporte, infraestructuras y servicios como el área de autocaravanas”, explica a edil de Turismo, Begoña Alonso.
Ao mesmo tempo, ofrécese información sobre as actividades e eventos que se van celebrar nestes días, como é o caso da Festa do Mexillón deste sábado. Un servizo que tamén pode ser de utilidade para os veciños, que poden solicitar información sobre actividades.
... leer más 30/03/2015
Dende o Programa de Atención a Inmigrantes e o Programa de Educación Familar da Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela estanse a realizar unha serie de actividades para traballar no fomento da igualdade e da non discriminación.
Aproveitando as vacacións escolares de Semana Santa, os días 30 e 31 de marzo e o 1 de abril proxectarase na Casa da Cultura o III Ciclo de Cine Infantil Educando en Valores, “posto que consideramos que é fundamental que as nenas e nenos perciban as interrelacións que hai entre as diferentes partes do mundo, intentando dun xeito máis lúdico sensibilizar aos máis pequenos da importancia e necesidade de manter boas relacións, fomentar a tolerancia e convivencia intercultural, dotando ás nenas e nenos de coñecementos...
leer más 27/03/2015
O pregón da Semana Santa de Viveiro 2015 será este sábado, día 28 de marzo, a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Correrá a cargo do cardenal Antonio María Rouco Varela, arzobispo emérito de Madrid. E o acto pecharase cun concerto da coral polifónica Alborada, de Viveiro.
27/03/2015
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, asinou o convenio para o Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, que será inaugurado o vindeiro luns, día 30. Na xuntanza tamén falaron da necesidade de rehabilitar o mosteiro de San Salvador e de melloras para o colexio Juan Rey.
“Mantiven unha reunión co conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, onde o eixo principal foi asinar o convenio de colaboración para a realización do Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego, algo que finalmente se concretou agora coa firma deste convenio. Os traballos para materializar xa esta ruta están moi avanzados e inaugurarase como tal o vindeiro luns ás cinco da tarde por parte do secretario xeral de Cultura”, explicou a...
leer más 27/03/2015
Mañá, 28 de marzo, celébrase en Ferreira do Valadouro o Mercado de Primavera 2015, con infinidade de actividades para todas as idades e gustos. Segundo explican desde a Concellería de Cultura “intentamos rememorar o antigo 25 de marzo, partindo coa imaxe que recolle o cartel, que é una antiga postal adquirida nunha poxa dun anticuario, ata recuperar as Cantigas de Cego que traía ó mercado Antón Lexide, o "Cego de Viloalle" e que, grazas a colaboración desinteresada de Miro Casabella, volverán a encher a praza dos sucesos máis espeluznantes da comarca. Ata tal punto esta é una edición volcada na historia que, coa axuda do párroco de O Valadouro, D. Fernando Monterroso, este ano todos os asistentes poderán disfrutar da imaxe orixinal en pedra da Virxe de Ferreira, ó redor de cuxa capela xurdiu tanto o mercado como...
leer más 25/03/2015
La 18ª edición de la Feria de Stocks de Vegadeo, que se celebrará del 3 al 5 del próximo mes de abril, en plena Semana Santa, bate su récord de expositores al alcanzar los 70 puestos. Lo anunció hoy la alcaldesa, Begoña Calleja, que estuvo acompañada en la presentación del evento por la responsable del recinto ferial, Dora Álvarez, y por la presidenta de la Asociación de Comerciantes de Vegadeo (Ascove), Isabel Menéndez.
“Una nueva edición de la Feria de Stocks de Vegadeo, en abril, la que corresponde a la Semana Santa. Y ya van 18 con ésta, que sin duda es la más espectacular porque hemos superado los 70 expositores. Serán asturianos, gallegos, de Toledo, de Madrid, de Vizcaya, de Cantabria,...; de varias provincias de España. La entrada es gratuita y contamos con un...
leer más 24/03/2015
A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, deu a coñecer esta mañá as actividades programadas o vindeiro sábado para celebrar o primeiro aniversario da apertura do Pazo de Tovar tras a súa restauración. Haberá un concerto de cantigas de amigo, acceso gratuíto ese día pola tarde ás instalacións e inauguraranse dúas exposicións.
A rexedora explicou que “o vindeiro sábado, 28 de marzo, cúmprense un ano dende que a Fortaleza de Tovar abriu as súas portas nun conxunto para que todos os visitantes, foráneos e tamén veciños do concello, puideran coñecer esta xoia arquitectónica que temos e que é única na Mariña de Lugo. Hai que ter en conta que é un pazo do século XVI que ten un aire castelán e polo tanto é un pazo diferente aos que estamos acostumados a ver na nosa xeografía...
leer más 24/03/2015
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza un maratón de tute. Será no local social de Trasbar o vindeiro 18 de abril ás 17:00 horas. O prezo da inscrición é de 35 euros por persoas, cea incluída. As persoas interesadas poden anotarse nos seguintes números de teléfono: 625 081 637 ou 605 158 373 e tamén na dirección de correo electrónico burgodetrasbar@yahoo.es
Os premios por parellas son os seguintes: a 1ª parella clasificada levará 500 euros máis trofeo; a 2ª obterá 300 euros; a 3ª gañará 200 euros e a 4ª parella clasificada obterá 100 euros.
No caso da 1ª repesca os gañadores levarán 200 euros e os segundos clasificados obterán 150 euros. E na 2ª repesca a primeira...
leer más 23/03/2015
O Concello de Foz amplía o horario de apertura da oficina municipal de turismo, que está situada no edificio do Cenima, durante a Semana Santa, concretamente do 30 deste mes de marzo ao 4 de abril, e haberá visitas guiadas á basílica de San Martiño.
A concelleira de Turismo, Maite López Rego, explicou hoxe que “como todos os anos por estas datas, dende a Concellería de Turismo queremos achegar aos nosos veciños e visitantes o horario da oficina de turismo dende o 30 de marzo ata o 4 abril. Durante eses días ampliamos o horario, que será polas mañás de 10 a 14 horas e polas tardes de 17 a 20 horas. Habitualmente está aberta só en horario de mañá”.
Maite López engadiu que “durante este último ano dende o Concello fixemos un esforzo...
leer más 23/03/2015
O vindeiro mércores, 25 de marzo, terá lugar a segunda proxección do programa Cinensino, segundo informan a Concellaría de Servizos Sociais e o Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos.
Trátase da película Diamantes negros, dirixida por Miguel Alcantud e ganadora de varios premios. Será no Cine Teatro á 12:00 da mañá e asistirán 207 alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do Colexio Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros, ademais dos titores e titoras.
“Tras a súa visualización, o alumnado traballará as Unidades Didácticas correspondentes a cada película”, explica Mónica Fernández Lamparte.