Eventos

Etiquetas:
20/07/2015
A XIII Feira de Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart celebrarase en Burela entre o 31 de xullo e o 2 de agosto.
 
Burela ten unha cita cos produtos artesanais e ecolóxicos entre o 31 deste mes e o 2 de agosto na feira Produart, un encontro que chega á súa XIII edición. Organizada pola Fundación Expomar, que preside o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a cita terá lugar na nave das redes do porto e abrirá as súas portas ás 17.30 horas do venres 31 de xullo con carácter totalmente gratuíto para os visitantes. Ademais da propia exposición de produtos, haberá todo un programa de actividades paralelas no recinto feiral de Burela. A música, os videoforums, os obradoiros para nenos, as demostracións en vivo e as degustacións acompañarán aos produtores durante toda a feira.
A Feira Produart coincide coa Festa Degustación do Bonito, que organiza un ano máis a A.C. Ledicia e que está fixada para...
leer más
Etiquetas:
17/07/2015
A parroquia de Vilapena, en Trabada, celebra do 24 ao 26 de xullo ás súas festas na honra do Apóstolo.
 
A parroquia trabadense de Vilapena acollerá durante tres días, o 24, 25 e 26 de xullo, as festas na honra do Apóstolo Santiago. A cita comeza o venres 24 de xullo ás 21.30 cunha gran churrascada, servida polo catering Chao dos Navais, que continúa coa verbena do Grupo Fénix. 
Ao día seguinte, sábado, logo da misa solemne das 13.30 horas e da procesión, a orquestra Blue Star encargarase da sesión vermú. Pola noite, a verbena do día grande correrá a cargo da mesma agrupación. 
A festa remata o domingo 26 de xullo, coa misa solemne das 12 horas, procesión e sesión vermú da man do Dúo Merengue.
 
Etiquetas:
16/07/2015
Intensa axenda cultural en Ribadeo para as vindeiras semanas con festivais, teatro, exposicións e o 60 aniversario da Coral Polifónica.
 
O concelleiro de Cultura de Ribadeo, Farruco Graña, presentou hoxe a programación cultural para os meses de verán, un calendario no que a música terá un lugar destacado.Tras a Feira do Libro e o Ribadeo Indiano, as propostas de ocio continúan tamén parellas á literatura e á historia, posto que este anos as XIII Xornadas de Historia Local, organizadas pola A.C. Francisco Lanza, estarán dedicadas á presenza de Ribadeo no universo literario. Celebraranse o 30 e o 31 de xullo.
A arte e as exposicións van ter un punto de referencia no forte de San Damián e na OMIC. “Imos poder ver exposicións ao longo de todo o verán. Onte, mércores 15 de xullo, inaugurouse a exposición de fotografías de Xosé Reigosa, titulada De Marbella a Torremolinos: imaxes de manicomio. Se teñen un...
leer más
15/07/2015
Este sábado, 18 de xullo, nova sesión de cine ao aire libre na praza da Mariña, en Burela. A cinta elixida é "Piratas", unha película de animación para toda a familia.
 
A praza da Mariña será escenario da segunda proxección de cine ao aire libre, que organiza a Concellería de Cultura. A cita terá lugar este sábado, 18 de xullo, ás dez da noite. A película da que poderá gozar o público familiar é Piratas, un filme de animación co producido por Reino Unido e Estados Unidos, segundo deu a coñecer esta mañá José Díaz, o edil de Cultura. 
Díaz indicou que “esta nova sesión é para darlle continuidade á primeira que fixemos hai uns días, esa foi coma unha proba para ver como respondían os veciños e as veciñas de Burela diante desta iniciativa. O pasado sábado proxectouse na praza da Mariña en pantalla xigante Maléfica de Disney e a resposta foi moi boa. Calculamos que asistiron entre 450 e 500 persoas e a conclusión é tivo éxito e ademais a...
leer más
14/07/2015
A oficina de turismo instalada en San Ciprián está aberta todos os días, de luns a domingo, ata o 31 de agosto.
 
A oficina de turismo instalada en San Ciprián, concretamente no antigo Quiosco de Juana, está aberta ao público todos os días da semana, de luns a domingo, en horario de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas. 
A concelleira de Turismo, Manuela Méndez Álvarez, explicou que este servizo municipal “está en marcha dende o día 1 deste mes e abrirá ata o 31 de agosto. Na oficina ofrécese información turística do municipio de Cervo, pero tamén dos atractivos que hai en toda a zona. Está funcionando ben, con moita afluencia de visitantes, no que inflúe que está moi ben situada”.
 
Etiquetas:
13/07/2015
O 20 de xullo chegará a Barreiros "O sabor da aventura está no mar". A actividade está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
 
Barreiros acollerá a actividade O sabor da aventura está no mar. Será o 20 de xullo ás dez da mañá no pavillón polideportivo. As prazas son limitadas. A inscrición estará aberta ata o 15 de xullo na oficina de turismo da localidade. 
Desde o Concello explican que “esta actividade O sabor da aventura está no mar é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Trátase dun obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece”.
A actividade, que está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos, levarase a cabo o 20 de...
leer más
Etiquetas:
09/07/2015
Xeorutas das Catedrais e de Rinlo, organizadas polo Concello de Ribadeo. Son gratuítas e darán comezo o 15 de xullo.
 
O Concello de Ribadeo presentou esta mañá dous itinerarios de rutas xeolóxicas ao longo da praia das Catedrais e da costa de Rinlo, coas que quere mellorar os coñecementos dos visitantes sobre a orixe e as peculiaridades xeomorfolóxicas do seu litoral. O proxecto, listo para os visitantes a partir do día 15 de xullo, consiste en dous roteiros gratuítos a cargo de tres guías formados expresamente para esta tarefa dende o pasado inverno.  Os interesados en participar na iniciativa poderán apuntarse tanto a pé de praia e en Rinlo uns minutos antes de comezar a ruta, así como na oficina de turismo da vila e no punto de información turística das Catedrais. Ademais, tamén se poderá facer a inscrición na páxina web do Concello. Os grupos serán dun máximo de 15 persoas. O Concello agarda xuntar 510 persoas  á semana na...
leer más
Etiquetas:
07/07/2015
As festas do Carme 2015 celebraranse do 13 ao 18 de xullo con numerosas actividades musicais, entre as que destacan o concerto de Uxía e Narf.
 
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, vén de presentar o programa das Festas do Carme 2015, organizadas pola asociación Sempre Foz e polo propio Concello. As festas comezan o día 13 de xullo de durarán até o 18 cun programa repleto de actividades musicais, xogos infantís e a tradicional alfombra floral que acompaña á procesión da Virxe. O alcalde subliña que outros eventos desta fin de semana servirán de antesala á festa: “durante esta fin de semana vanse celebrar moitas actividades ligadas á propia festa do Carme. Podemos falar da décima edición de Sons da Rúa e do Festival Vrao, que é un festival galego de música independente que terá lugar durante toda esta fin de semana. Temos as horas de fútbol sala tamén e moitas outras actividades paralelas ás festas”. 
...
leer más
Etiquetas:
03/07/2015
Ribadeo contará cun tren turístico-cultural ata o 30 de setembro, que percorrerá as zonas máis emblemáticas da vila.
 
Ata o 30 de setembro todos os días da semana Ribadeo contará co servizo de tren turístico-cultural, que funcionará desde as dez da mañá ata as nove da noite. A iniciativa foi presentada esta mañá polo alcalde, Fernando Suárez, pola concelleira de Turismo, Ana Martínez, e pola responsable do servizo, Vega García. 
O rexedor dixo que “aproveitando todo este tirón turístico que está a ter Ribadeo, no seu conxunto nestes últimos anos, Ribadeo polo cultural, Ribadeo polas praias, Ribadeo polo casco histórico, Ribadeo polos servizos, pola gastronomía… como dicimos na nosa campaña Ribadeoxquesí, queremos presentar outra nova iniciativa. Neste caso trátase dun tren turístico-cultural, como é a empresa que o vai rexir durante este verán de 2015. Funcionará no ámbito urbano pensando...
leer más
02/07/2015
Este sábado, 4 de xullo, celébrase en Barreiros a romería popular de Santo Estevo do Ermo. Alí haberá diversas actividades.
 
Segundo explica o tenente de alcalde, José Manuel Gómez Puente, “un ano máis achégase a Romería de Santo Estevo do Ermo e desde o Concello queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Barreiros e de toda A Mariña a participar nesta cita. Teremos rutas a pé, misa e procesión, sesión vermú, xogos infantís, torneo de tute e actuación musical”. 
Gómez Puente engade que “a paraxe de Santo Estevo do Ermo é natureza pura e cun grande encanto, que o converte nun lugar idóneo para relaxarse e empaparse da súa maxia. E non poden faltar, como en toda romería que se prece, a costume de xantar en familia e entre amigos ao aire libre”. 
A Romería Popular de Santo Estevo do Ermo está organizada polos veciños de Barreiros e polo Concello. ...
leer más