Eventos
30/07/2015
Un ano máis, a Homenaxe ao Gaiteiro que se celebra con ocasión da Romaría de Santa Cruz, en Ribadeo, deixará unha boa nómina de actuacións folclóricas e baile tradicional. Os festexos terán lugar o 1 e o 2 de agosto.
O sábado 1 comeza a romaría sobre as 19.30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita e media hora despois María del Carmen Maseda Legaspi pronunciará o pregón no Cine Teatro, seguido da actuación das Escolas. Ás 23 horas, no Parque de San Francisco, actuará o grupo Vaamonde, Lamas y Romero, coa colaboración da Banda Municipal de Música de Ribadeo.
Ao día seguinte, 2 de agosto, a xornada comeza ás 11 da mañá con pasarrúas de Cuarteto Tradicional Xaramolos, Os Campantes da Baña, Airiños da Freba e o Arco da Vella. Ás...
leer más 29/07/2015
O próximo domingo, 2 de agosto, a Comisión de Festas da Patroa organiza nas inmediacións da praza de abastos de Ribadeo unha sesión vermouth co DJ Sergio para recadar fondos para estes festexos. No recinto instalarase unha barra que será atendida polos membros da propia comisión. A cita dará comezo ás 12 do mediodía.
O presidente da Comisión de Festas da Patroa, César Fernández Murias, explica que “imos facer unha sesión vermouth na praza de abastos que consistirá nun pequeno baile co DJ Sergio. Esperamos que haxa a máxima afluencia de xente posible. Haberá unha barra, poñerémola e atenderémola nós e os cartos que recademos son integramente para as festas. Sempre está ben unha tomar unha cervexiña e así axudarnos un pouco”.
Esta é...
leer más 28/07/2015
A Asociación Sócio-Cultural “A Pomba do Arco” dará comezo o vindeiro luns, 3 de agosto, á XX edición das Xornadas de Historia Local, que esta asociación ven celebrando de xeito ininterrompido nas primeiras semanas do mes de Agosto.
As Xornadas de Historia Local téñense convertido xa a esta altura en toda unha referencia da proposta cultural do Concello de Foz, pola súa contribución a pór en valor o pasado de Foz.
Estas xornadas son referencia para os focegos pois nela ven o compromiso por parte da Pomba do Arco en recuperar a nosa historia local e incorporala dentro da historia xeral de Galiza.
As Xornadas de Historia Local confirman que tanto Foz, como a Mariña e Galiza...
leer más 28/07/2015
A nova edición das Xornadas de Historia Local de Ribadeo estarán dedicadas á pegada da vila na literatura. Son xa trece as edicións deste evento organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo.
A proposta deste ano desenvolverase no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo ás 20:30 horas os días 30 e o 31 de xullo. Na xornada do xoves 30 o profesor Suso Fernández Acevedo pronunciará a conferencia Ribadeo na literatura.
Ao día seguinte, 31 de xullo, tres autores debaterán nunha mesa redonda sobre a presenza da vila na súa escrita. Os participantes serán Carmen Blanco, Xavier R. Baixeiras e Santiago Jaureguizar.
24/07/2015
O concurso internacional de castelos na area chega a unha nova edición este sábado, 25 de xullo. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, presentou a xa tradicional competición, que se celebrará a partir das 17 horas na praia de Arealonga, en Reinante. O concurso está organizado polo propio Concello e nel colaboran a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Todo está preparado xa no areal para a chegada dos participantes: “estivemos estes días acondicionando a praia de Arealonga, quitando pedras, porque se non case os castelos se poderían construír con pedras, máis que con area. Creo que é unha cita obrigada, é un concurso internacional onde hai moita participación, onde os nenos gozan conxuntamente cos pais ou cos amigos facendo esas figuras na area, e que cada ano mellora...
leer más 23/07/2015
A nave de redes acollerá do 31 de xullo ao 2 de agosto a décimo terceira edición de Produart, que organiza a Fundación Expomar. A feira tamén foi presentada hoxe. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliñou a calidade dos expositores, preto de 70 se darán cita nesta décimo terceira edición: “trátase de expoñer produtos que sexan bos para a saúde, bos de producir, sostibles para o medio ambiente. Vai haber produtos ecolóxicos de diferentes fórmulas alimentarias, pero tamén haberá artesanía e produtos para empregar tanto na vivenda como en xardíns, todo considerado mediaombientalmente sostible. É unha forma de dar a coñecer artigos que son respectuosos co medio ambiente e que encima aforran enerxía e abaratan o recibo da luz todos os meses”. En Produart haberá: queixos, viños, doces, embutidos, comercio xusto, aceites, algas, conservas, cremas e xabóns, coiro, prata,...
leer más 22/07/2015
O día 2 de agosto a parroquia valadourense de Santo Tomé organiza un ano máis a súa tradicional Rapa das Bestas, unha cita na que ademais da marcaxe e corte das crinas dos cabalos haberá tempo para os xogos populares, as competicións e a feira de gando.
A festa comeza o domingo ás primeiras horas da mañá, coa baixada dos cabalos ao curro de Santo Tomé. Ás 11 horas os animais xa estarán no recinto para comezar coa imaxe máis vistosa do día, a marcaxe dos animais e o corte das crinas. Para última hora da mañá está programada a pelexa dos garañóns. Durante toda a xornada haberá feira de gando cabalar e vacún.
A programación do día continúa con propostas como a dunha carreira popular, tiro á corda e arrolamento de rolos. Os que desexen...
leer más 21/07/2015
A Romaría de Sargadelos, que se celebra os día 24 e 25 deste mes na honra de Santiago Apostol, foi presentada hoxe. No acto participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Manuel Méndez; e membros da organización dos festexos.
O venres 24 a partir das 14 horas haberá sesión vermú coa orquestra Emperadores, que tamén actuará na verbena xunto co dúo Areal a partir das dez e cuarto da noite. E ás 3 da madrugada empezará unha sesión de DJs.
O sábado 25 ás 13 horas celebrarase misa solemne cantada poro coro parroquial e a continuación terá lugar a procesión acompañada polo grupo de gaitas Airiños do Xunco. Despois haberá sesión vermú co grupo Montreal. Para ás oito da tarde está programada unha pancetada e...
leer más 21/07/2015
O documental A última viaxe do afiador , de Aitor Rei, proxectarase na Praza do Conde Santo, de Vilanova de Lourenzá, este venres, 24 de xullo, ás 20:30 horas. É unha cita organizada pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) do colexio Juan Rey e patrocinada pola Deputación de Lugo, coa colaboración do Concello de Lourenzá.
O documental, que foi finalista da XII edición dos Premios Mestre Mateo, retrata un oficio tradicional case desaparecido nos pobos de Galicia: o do afiador. A proxección forma parte do proxecto Achega. Cinema en Movemento, para dar a coñecer o patrimonio cultural e etnográfico a través de asociacións, concellos ou centros de ensinanza.
En caso de choiva a proxección trasladarase ás instalacións do mercado...
leer más 20/07/2015
A Concellaría de Cultura celebrará o 16 de agosto na praza da Mariña o I Rastrillo Popular ao que están invitados todos os particulares que queiran desfacerse de obxectos que xa non usan.
Segundo explicou José Díaz é a primeira vez que se organiza unha iniciativa deste tipo por parte de Concello, que pretende avaliar o seu funcionamento con vistas a poder celebrar estes mercados con máis frecuencia. A idea veu de A Coruña: “es un proyecto pionero en A Mariña, que no tenía ninguno, solo algún proyecto de rastrillos solidarios organizados por asociaciones, aquí en Burela mismo. Esto lo vi en A Coruña, en un barrio en el que estaba anunciado un rastrillo popular. Los vecinos llevaban cosas que tenían en casa y que no usaban. Todos tenemos y acumulamos un montón de cosas con...
leer más