Escola Municipal de Música

03/05/2024

A Escola Municipal de Música de Foz Arcadio Mon organiza o ciclo titulado Maio de Combos, que inclúe concertos todos os venres deste mes. Estas actuacións serán no Paseo da Ribeira.

Este venres, día 3, ás 18:00 horas actuará Dkeband; o día 7 ás 18:00 horas o concerto correrá a cargo de Combo Jazz; o venres 17,  que é o Día das Letras Galegas, ás 12:00 horas será a quenda de Combo Pop Rock; e rematará o ciclo o venres 24 ás 18:00 horas coa actuación de Combo Blues e Combo Xuvenil.

07/05/2016
Do 9 ao 12 de maio haberá novas audicións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo organiza ao longo da vindeira semana unha nova quenda de audicións das especialidades instrumentais que restaban por facer dentro do abano de materias que se imparten o centro. 
 
Esta actividade terá lugar entre os días 9 e 12 de maio, ás 20:00 horas na propia Escola agás a do
mércores, 11 de maio, de clarinete e saxofón, que terá lugar no Cine-Teatro. A entrada ás mesmas é libre e gratuíta.
 
-Luns 9 de maio – canto/frauta/oboe (Escola)
-Martes 10 de maio – guitarra (Escola)
-...
leer más
26/01/2016
A Escola Municipal de Música de Burela organiza varios obradoiros desde febreiro ata final de curso. Están destinados a rapaces de máis de 8 anos.
 
A Escola Municipal de Música de Burela organiza varios obradoiros que se levarán a cabo dende o mes de febreiro ata final de curso. As presentacións terán lugar mañá, 27 de xaneiro. 
Segundo explica Xan Carballal “estes obradoiros están dedicados a todos os nenos/as a partir de 8 anos, que estean interesados en coñecer os instrumentos de vento madeira, tales coma o saxo e o clarinete, ou calquera especialidade da familia de vento metal, como por exemplo trompeta, trompa, tuba, trombón, etc”.
O director da Escola indicou que “os asistentes terán a oportunidade de poder utilizar o instrumental do que dispón a Escola de Música, e participar dos obradoiros ofertados de balde”.
Para inscribirse en...
leer más
11/09/2015
A Escola Municipal de Música de Burela impartirá, por primeira vez na súa historia, clases de guitarra.
 
A Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá este curso 2015-201, por primeira vez nos seus 18 anos de vida, clases de guitarra. O resto dos instrumentos que se impartían seguirán nesta tempada. O concelleiro de Cultura, José Díaz, e o director da Escola de Música, Xan Carballal, presentaron as novidades do curso que se iniciará en breve. 
Díaz asegurou esta mañá que ningunha das outras disciplinas que ata o de agora se imparten na Escola sufrirán cambios: “no se va a eliminar ninguno de los instrumentos  que ya están instaurados en la Escuela y que además están funcionando bien, así como el aumento de matriculación de alumnos. Van a mantenerse todos los instrumentos y lo que hay es un cambio derivado de la baja de Roberto Bouza,  profesor de saxo y director de la Banda...
leer más
16/12/2014
A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu Festival de Nadal o vindeiro sábado, 20 de decembro.

 

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 20 de decembro, no auditorio municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal. Como novidade, este ano a festival estará dividido en dúas sesións. Nunha primeira, ás 12.00 horas, actuará o grupo de Música e Movemento, Predanza 1, 2 e 3, Preparatorio danza, ballet 1 e moderno 1 e xa ás 18.00 horas o farán o resto de agrupacións instrumentais e grupos de danza e ballet da Escola. No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas pero tamén hai cabida para outros ritmos como valses, música moderna ou pasodobres. "O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena", apunta...

leer más