O centro sociocultural de San Cosme acollerá o vindeiro domingo, 15 de febreiro, o Festival de Entroido, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude.
A cita desenvolverase entre as 18 e as 21 horas e os asistentes poderán disfrutar de cancións con música en directo, bailes e desfiles de disfraces, xogos con pelotas xigantes, probas de habilidade e globoflexia. Ao Festival de Entroido acudirán os cabezudos e o grupo de animación Ni Fu – Ni Fa. Desde a organización subliñan que “haberá agasallos para os participantes”.
Desde o Concello animan a tod@s @s barreirenses “a acudir ao centro sociocultural de San Cosme este domingo a gozar das actividades que preparamos para nen@s e adultos”.