CCH

Etiquetas:
05/03/2025

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fóra Stocks e aposta unha vez máis por impulsar as compras no comercio local. Dende o xoves día 6 ata o sábado 8 de Marzo serán 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada “cuns descontos incribles, chegando ata ó 70 por cento en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock, pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos”, destaca o CCH Viveiro, que engade: “para facelo máis rechamante unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen, se o tempo acompaña. A gran variedade de tendas que se suman a esta...

leer más
Etiquetas:
15/01/2025

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro e o colectivo Prato-Do poñen en marcha unha campaña de colaboración con Cines Viveiro para os días 18, 19, 25 e 26 de xaneiro

Centro Histórico de Viveiro anuncia: “continuamos coa colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Cada edición que poñemos en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, ten moi boa acollida tanto polos peques da casa como dos pais como dos colexios. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó...

leer más
07/12/2024

A asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro sortea catro soldos de 1.200 euros cada un e organiza diferentes actividades de Nadal: decoración de negocios con árbores Led e grilandas; panxoliñas polo fío musical; casiña de Papá Noel do 21 ao 24 de decembro; cartas de Papá Noel e Reis Magos coas compras nos negocios asociados; árbore de luces de 11 metros na Praza Maior con concurso de selfies, etcétera.

Ademais o día 24 pola mañá O Apalpador e o día 28 o Paxe Real recorrerán as rúas do Centro Histórico. E o día 23 haberá un obradoiro de música electrónica con Dj Karras.

Etiquetas:
10/05/2024

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro anuncia que continúa “coa colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Trala boa acollida entre o público que tivo esta promoción nas anteriores edicións, poñémola de novo en marcha pero con novidades có fin de mellorar a actividade o máximo posible. O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreas ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local”.

Serán vales desconto de 2 euros para poder ver nesta ocasión 3 películas de...

leer más