Desde O Atrio explican: “chegou a hora de presentarvos todas as actividades que se levarán a cabo no II Mercado de Produtos Locais Aos Pés de Cornería, que se celebrará en Vilaronte”.
O domingo, 7 de maio, ás dez da mañá terá lugar a apertura do mercado. Ás 11 haberá unha charla sobre técnicas de conservación de alimentos e envasado de produtos da horta, que será impartida por Jesús Villarino e Bruno Penada Asociación de Cociñeiros de Lugo.
Ás 11:30 horas pasarrúas a cargo de Os Petapouco, percusión da Comparsa Ruxe Ruxe. Tamén a esa hora dará comezo un obradoiro para nen@s. Ás 12:30 horas está prevista a actuación do Cuarteto Tradicional Xaramolo (Programa Tradigalu 2023- Vicepresidencia. Deputación de Lugo). Ás 13:30 horas vermú toxo con Toxo Guayaba
Pola tarde a partir das 16:00 horas o Mago David Méndez presentará o seu espectáculo “Maxia de aquí e de acolá”, dirixido a todos os públicos (Programa Xunt@s polo serán - Vicepresidencia. Deputación de Lugo). Á partires das cinco Tardeo ata que toleo a cargo de Dj Senín (Eventec).
Desde a organizan sinalan que “a mediodía contaremos con pulpo a cargo de Pulpería Maciñeiras. Esperámosvos a todos no atrio da Igrexa de Vilaronte o 7 de maio”.
Colaboran coa asociación cultura O Atrio o Concello de Foz e a Área de Cultura da Deputación de Lugo.