A Asociación Deportiva de Sendeirismo Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha nova ruta o domingo, 8 de setembro, para todos os afeccionados á natureza e ao sendeirismo. Nesta ocasión, será ata As Xanas, en Proaza, Asturias, para percorrer unha ruta de 8 quilómetros, de dificultade fácil e con traxecto lineal (ida e volta).
O prezo para participar é de 35 euros para os socios e 45 euros para os non socios, incluíndo o autobús, a comida e o seguro. A saída realizarase ás 8:00 da mañá dende a estación de autobuses de Burela. Recoméndase aos participantes levar bastón e calzado adecuado para garantir unha experiencia máis segura e cómoda.
As inscricións pódense realizar a través do grupo de WhatsApp da Asociación ou chamando aos números 666609875 e 676023177, antes do xoves 5 de setembro.
Máis información dispoñible na páxina web https://www.pasadadascabras.es e tamén no perfil de Facebook https://wwww.facebook.com/pasadadascabras.