O Concello de Trabada e a asociación de sendeirismo Trabada paso a paso continúan co seu programa de sendeirismo con esta nova ruta o día 22 de setembro, domingo. Trátase da Ruta do Vento, de dificultade baixa e 11 quilómetros de percorrido. A saída será ás 10:00 horas dende a Praza do Concello. Ó finalizar haberá comida para todas as persoas participantes. No caso de intolerancias alimentarias deberán ser comunicadas no momento da inscrición. Dado que as prazas son limitadas a inscrición na actividade deberá ser realizada no número de teléfono 982.135.011 ata o 18 de setembro.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinala que "estas rutas serven para dar a coñecer o fermoso patrimonio natural de Trabada, un dos maiores atractivos do noso municipio, á vez que se promove o deporte e un estilo de vida saudable. Moitas grazas a Trabada Paso a Paso pola súa iniciativa e pola súa colaboración co Concello para organizar este tivo de actividades tan necesarias".
O programa de sendeirismo do Concello de Trabada comezou coa Ruta da Subida ó Picato en xuño e seguiu coa Ruta da Fraga da Vilapena en xullo. A programación continuará o 13 de outubro coa Ruta do Monte Roxal-Teixido e finalizará o 10 de novembro coa Ruta Fraga da Becerreira.