En Viveiro disputarase o primeiro torneo de balonmán 5x5 os días 7 e 8 de setembro

A primeira edición do torneo de balonmán 5x5 Concello de Viveiro celebrarase o sábado 7 e o domingo 8 de setembro no Pavillón Municipal de Viveiro, no cal participarán rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos en dúas categorías: sub 12 e sub 16.

Está organizado polo Club Balonmán Viveiro e o torneo é de participación libre. A data límite de inscrición dos equipos é o domingo 1 de setembro.