Deportes

Etiquetas:
20/08/2019

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro pola ruta dos Nazarenos, en Foz, este sábado, 24 de agosto.

A saída será ás 9:00 horas da praza do Concello.

Para participar é obrigatorio anotarse e as persoas interesadas poden facelo nos números de teléfono 606 794 110 e 670 369 017, ou a través do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prazo de inscrición remata o venres 23 de agosto. O prezo é de 3 euros para os non federados.

A ruta, cun nivel de dificultade medio, comeza en Foz, pasa polo Santo e Fazouro e volve rematar en Foz. A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e algo de comida.

O Concello de Foz colabora coa organización deste evento.

 

Etiquetas:
18/08/2019

Quedan uns días para inscribirse na III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que se celebrará o día 24 deste mes, sábado.

Desde a organización, que corre a cargo do Club Atletismo Ribadeo, explican que “fican uns días para que se dispute a III Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que celebrará o sábado 24 de agosto, vencellando as vilas de Rinlo e Ribadeo na proba absoluta, de 8,7 quilómetros. O evento dará comezo ás 20:00 horas para as categorías dos cativos até alevín diante do Concello de Ribadeo e na contorna do Parque de San Francisco. Os infantís e cadetes terán a súa saída dende a Illa Pancha ás 21:30 horas, mentres que a proba absoluta será ás 21:45 horas dende a Praza de Santa Catalina, en Rinlo”.

Os organizadores deste evento deportivo engaden que “haberá trofeos para todas as categorías, incluíndo á derradeira...

leer más
Etiquetas:
16/08/2019

As Concellerías de Turismo e Deportes  organizan unha serie de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán nesta segunda quincena de agosto. Mañá, sábado, na praza da Mariña terá lugar o Wipe Out, os días 20 e 21 haberá fútbol 3x3, o venres 23 a Festa da Auga e o día 31 Láser Combat. As inscricións poderán facerse na Casa da Xuventude ou ata unha hora antes do inicio da actividade.

O edil Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde a Delegación de Turismo e Deportes do Concello de Burela imos apostar nesta segunda quincena de agosto por unha serie de actividades para os nenos que van empezar no día de mañá. Este sábado imos ter uns xogos de inchables na praza da Mariña, a partir das cinco e media para nenos e nenas maiores de 8 anos. É unha actividade totalmente gratuíta e van poder participar facendo equipos de tres a seis persoas...

leer más
Etiquetas:
13/08/2019

A asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza unha ruta de sendeirismo por Barqueiro-Bares para este sábado, 17 de agosto.

A saída será, ás nove de mañá, da estación de autobuses de Burela.

As persoas interesadas poden anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do mércores 14 de agosto, ás 15:00 horas. O prezo é 10 euros para os socios, e 15 euros para os non socios. Inclúe autobús e seguro.

A ruta ten un percorrido de 12 quilómetros e un nivel de dificultade baixo.

Etiquetas:
09/08/2019

O Cámping A Gaivota de Barreiros traballa para poñer en marcha unha escola de surf e unha surf camp para estes deportistas (aloxamentos singulares para surfistas). O propietario destas instalacións, Celso Dourado, anuncia que este proxecto verá a luz en setembro. 

Dourado explicou que “dende o Cámping A Gaivota levamos un tempo traballando na creación dunha escola de surf e paralela a ela a creación dunha surf camp, que serían unha serie de aloxamentos na súa maioría móbiles pensados única e exclusivamente para os surfistas”.

O xerente e propietario do Cámping A Gaivota, de Barreiros, dixo que “é unha idea que nos estivo a roldar durante os últimos anos, dada a enorme afluencia de surfistas que temos no noso cámping porque xusto diante del se dan as condicións idóneas para a práctica deste deporte. Son un pouquiño...

leer más
Etiquetas:
07/08/2019

Os Sendeiros, coa colaboración do Concello de Foz, organiza a décima edición da súa marcha nocturna en Foz para o día 14 de agosto, mércores. Sairán ás 22:00 horas desde a Praza do Concello para rematar xunto á praia da Rapadoira, onde haberá chocolatada e churros gratis para os participantes.

Os interesados poden inscribirse a través dos teléfonos 606.79.41.10 ou 670.36.90.17 ou ben enviando un correo electrónico a ossendeiros@yahoo.es. O prazo para apuntarse remata o 12 de agosto, luns.

Os participantes deberán levar lanterna ou farol.

Etiquetas:
06/08/2019

O Concello de Cervo organiza o vindeiro xoves, 8 de agosto, o III Torneo Maruxaina no que se presentará o primeiro equipo do Club Deportivo San Ciprián.

A cita foi presentada no Campo de fútbol da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez, e por Borja Rego, membro da directiva deste ente.

O torneo, organizado polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, enfrontará ao C.D. San Ciprián (2ª Galicia) e ao Viveiro C.F. (Preferente).

Villares sinalou que “este evento deportivo xa consolidado  é un complemento perfecto para a Festa da Maruxaina que ten lugar esa fin de semana, podemos dicir que o deporte marca, neste caso, o punto de partida desta celebración tan...

leer más
Etiquetas:
01/08/2019

O vindeiro luns, 5 de agosto, dará comezo na praia da Pasada de San Miguel de Reinante o curso infantil de volei-praia que o Colectivo Cultural Ollomao ofrece, de forma gratuíta, para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. Serán 5 sesións de dúas horas de duración, desde as 11,30 até as 13,30, e poderase asistir a calquera delas, independentemente de ter participado ou non nas anteriores. Así, o curso como tal darase por rematado o venres 9 de agosto e terá como broche final a disputa, nesa mesma fin de semana, do I Torneo Infantil Praia da Pasada (sábado 10) e do XVI Torneo (sénior) Praia da Pasada (domingo 11), ambos abertos á participación de calquera persoa interesada.

O volei-praia ten sido, nos últimos 30 anos, unha actividade representativa da praia da Pasada, exercendo como axente dinamizador e...

leer más
Etiquetas:
01/08/2019

Dentro do Programa Verán Xove 2019, as actividades acuáticas ocupan un lugar moi importante, e non pode ser doutra maneira tendo en conta a época na que nós atopamos. Nesta ocasión imos referirnos concretamente a tres, dúas rematadas e outra de celebración inmediata; comezamos por esta última:  

Festa Acuática na praia de Portocelo
Na Praia de Portocelo, este vindeiro domingo, 4 de agosto, a partires das 16:00 horas terá lugar unha festa acuática na propia praia con xogos para nenos/as e rapaces/as. Trátase da terceira edición dunha festa que contou cun gran éxito nas edicións pasadas.
   Vai haber xogos de todo tipo e  moi variados: inchables, kayaks, etc., cada un dos cales estará controlado por un monitor que se vai preocupar do control de  acceso a cada xogo e da seguridade do mesmo.
   Trátase dunha actividade...

leer más
Etiquetas:
31/07/2019

A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta dende a Fervenza de Viloalle en Mondoñedo ata a área recreativa A Cazolga en Lourenzá para o vindeiro domingo, 4 de agosto.

O percorrido ten unha lonxitude de 10 quilómetros cun nivel de dificultade baixo. Na área recreativa de A Cazolga celebrarase unha comida de confraternidade con membros da asociación Terras de Lourenzá.

A saída será ás 9:30 horas da estación de autobuses de Burela. Recoméndase levar chaleco reflectante. 

Para asistir é necesario anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 1 de agosto ás 14:00 horas.