A asociación Pasada das Cabras, de Burela, organiza unha ruta dende a Fervenza de Viloalle en Mondoñedo ata a área recreativa A Cazolga en Lourenzá para o vindeiro domingo, 4 de agosto.
O percorrido ten unha lonxitude de 10 quilómetros cun nivel de dificultade baixo. Na área recreativa de A Cazolga celebrarase unha comida de confraternidade con membros da asociación Terras de Lourenzá.
A saída será ás 9:30 horas da estación de autobuses de Burela. Recoméndase levar chaleco reflectante.
Para asistir é necesario anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou no teléfono 982 580 504, antes do xoves 1 de agosto ás 14:00 horas.