Deportes
O Deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal Baamonde, presentou, xunto coa Alcaldesa de Viveiro en funcións, María Loureiro García, as actividades deportivas que terán lugar este sábado na vila mariñá. Unha data que reunirá a preto de 250 ciclistas, entre as categorías de base que compiten no 36º Gran Premio de San Roque, e os participantes da Copa de España de Ciclismo Adaptado. Durante a presentación estiveron acompañados por membros do Club Ciclista Viveiro, e pola ciclista Mila López Benet. Esta competición oficial consta de 9 probas puntuables, das que a de Viveiro é a terceira, sendo a primeira proba destas características que se celebra en Galicia.
Vidal Baamonde destacou “a importancia que ten o deporte inclusivo para a mellora da calidade de vida das persoas con capacidades diferentes. Ademais, ao xuntalo nunha mesma data,...
leer másA maxia do futsal agarda polas promesas femininas, nas categorías Alevín (2008-09), Infantil (2006-07), Cadete (2004-05) e Sénior. As rapazas interesadas poderán reservar a súa praza para participar nos adestramentos do 4 e 5 de xullo e divertirse co fútbol sala.
Data límite de inscrición: Martes 2 de xullo
O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 982581815 ou en escuelasdeportivas@burelafs.org.
Horarios de adestramentos, 4 e 5 de xullo
CATEGORÍAS ALEVÍN e INFANTIL: 18:00 h a 19:30 h (Pavillón Vista Alegre)
CATEGORÍAS CADETE e SENIOR: 19:30 h a 21:00 h...
Esta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XII Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e no que colaboran o Concello e Acisa.
En total participan 33 equipos procedentes de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia, que van disputar os encontros no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo do Outeiro na Devesa, e no Campo Trénor de Barres, na veciña Asturias.
Serán arredor de 1.500 as persoas que esta fin de semana se acheguen a Ribadeo a participar e a disfrutar deste XII Torneo de Fútbol Infantil, que foi presentado este mediodía pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
A Asociación Cultural Deportiva As Minas de A Pontenova organiza a segunda edición da Carreira Vía Verde do Eo que se celebrará o 8 de xuño.
A carreira, de 10 quilómetros de percorrido, dará comezo ás 17:30 horas e pasará polos municipios de San Tirso e Trabada para rematar na Praza do Fornos en A Pontenova.
Este ano renderase unha homenaxe a Manuel Valcárcel Lastra “Ventura”, veciño de A Pontenova, que aos seus 71 anos segue sendo atleta en activo e gran impulsor deste deporte en toda a comarca.
Ao remate da proba, na praza do Concello, haberá unha pinchada popular para os corredores e a actuación do grupo coruñés Os Piñeiros, que amenizará a tarde-noite coas súas versións de pop español dos 80 e 90.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web...
A Escola de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol organiza un curso de monitor de fútbol sala que se celebrará en Burela e dará comezo o día 5 de xuño.
Este curso rematará o 6 de xullo e desenvolverase os luns, mércores e xoves, en horario de 20:00 a 23:00 horas, e os sábados de 9:30 a 14:30 h.
A inscrición xa está aberta e pode realizarse online a través do apartado da Escola na web www.futgal.es. Tamén se pode contactar coa Escola de Adestradores no número de teléfono 981 900 600 ou no correo electrónico escueladeentrenadores@futgal.es.
Está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas municipais de verán, organizadas pola Concellaría de Deportes de Ribadeo. As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 8 anos en diante, terán preferencia os empadroados/as ou escolarizados/as en Ribadeo e as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As persoas interesadas poden obter máis información na oficina da área de Deportes en Casa da Xuventude na rúa Antonio Otero-15, ou no teléfono 982 129 889.
Estas escolas ofertan as modalidades de Pesca Deportiva, Surf, Piragüismo, Remo e Rugbi Praia.
En Surf hai 20 prazas, comeza o día 7 de xuño e desenvolverase en xuño, os martes e venres de 16:00 a 18:00 horas, e do 1 ao 5 de xullo de luns a venres, de 16:00 a 18:00 h.
En Pesca Deportiva hai 20 prazas e terá lugar os...
leer másO Encoro de Ríocobo acollerá o sábado, 1 de xuño, a segunda regata da novena Liga Provincial, organizada polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
O alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, presentaron a proba, acompañados polo presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez e do responsable da sección de piragüismo, Iván González.
En total estímase que serán máis de 200 deportistas os que se darán cita no Encoro de Riocobo, para competir nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín A e B, infantil A e B, cadete, xuvenil, sénior e veterano; todas elas probas mixtas, nas modalidades K1 e C1.
A competición comezará ás 10:30 horas e participarán o Club Fluvial de Lugo, o club de piragüismo Cidade de Lugo, o Club de Piragüismo...
leer másBurela acollerá a celebración do I All Star Fútbol In Lugo, que terá lugar o 29 de xuño. A organización convida a asistir a siareiros, xogadores e equipos directivos dos clubs de fútbol de toda a provincia a esta xornada de festa e convivencia. Ademais haberá dous partidos de fútbol, feminino e masculino, e renderase unha homenaxe a aqueles xogadores que esta tempada deciden deixar a práctica deste deporte.
Na presentación do evento, celebrada este mediodía, o concelleiro de Deportes en Burela, Ramiro Fernández Rey, dixo que “como concelleiro de Deportes estamos encantados e agradecemos que contaran con nosoutros para a celebración deste torneo All Star. Eu penso que é unha iniciativa positiva. Desde o Concello levamos toda esta lexislatura apostando por este tipo de eventos que ademais do tema deportivo, que é importantísimo xa que...
leer másAcisa colabora un ano máis co Torneo Internacional de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo, que se disputa esta fin de semana os días 25 e 26 de maio. O evento, que chega á súa décimo cuarta edición, traerá á localidade a unhas tres mil persoas, cifra que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos considera moi importante para o movemento que xerarán tanto na hostalería como no comercio desde o venres ata o domingo.
O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, manifestou que “desde Acisa estamos apoiando un pouco dentro das nosas posibilidades a este grupo de xente que organiza este evento todos os anos. Van catorce edicións e nós o que intentamos, desde o comercio e a hostalaría, é apoialos porque estes veteranos que nos visitan e os seus acompañantes deixan moito diñeiro en Ribadeo, moito movemento e dannos a...
leer másA Escola do Pescados Rubén Burela FS realizará xornadas de portas abertas a partir da vindeira semana para tod@s @s nen@s que queiran achegarse máis ao fútbol sala, entre as categorías Biberón e Cadete, e de forma totalmente gratuíta.
O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela), a través do número 982581815 ou en escuelasburelafs@gmail.com
Data límite de inscrición (prazas limitadas)
-De Biberón (nad@s en 2013-14) a Benxamín: Ata o mércores 29 de maio (ás 14.00 horas)
-De Alevín a Cadete: Ata o venres 7 de xuño (ás 14.00 horas)
Períodos de adestramentos
... leer más