Deportes
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola zona da Serra do Xistral, que rematará na Fervenza de Escouridal, o día 20 de outubro. Na actividade participarán membros da asociación de Rebollín de Salas. A saída será ás 8:30 horas de Foz e ás 8:50 horas desde Ferreira.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o día 16 de outubro, e poden facelo nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-Mail ossendeiros@yahoo.es.
O prezo é 25 euros para os socios federados, 29 euros para os socios non federados e 33 euros para os non socios. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz...
leer másA praia de Limosa será escenario este sábado, 12 de outubro, do Memorial Macgiver, organizado polo Club Limosa Surf coa colaboración do Concello de Cervo.
Tal e como explicaron desde a organización “logo de XI edicións de campionato, este ano decidimos realizar unha xornada de surf libre para todos os públicos”.
As persoas interesadas en participar poden rexistrarse ás 9:00 horas.
No recinto habilitado tamén haberá postos de comida e bebida e música en directo. E como peche desta xornada de surf o grupo Miss Lane And The Kryptonians ofrecerá un concerto ás 19:00 horas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, amantes e afeccionados do surf, a que se acheguen á Praia da Limosa, nesa xornada dedicada a este deporte que día tras día gaña...
leer másA segunda fin de semana de outubro, días 12 e 13 nesta ocasión, é xa unha data de referencia no calendario deportivo mariñao. Un ano máis, no concello de Barreiros, terá lugar unha nova edición da Carreira 1/2 Km. Vertical e o Trail Monte Comado, que organiza o colectivo ACD Praias de Comado. Serán a quinta e sexta edición, respectivamente, dunha cita que cada vez colleita máis participantes chegados desde distintos puntos de todo Galicia, mais tamén do norte español e incluso da meseta, tendo alcanzado preto dos dous centos de persoas inscritas.
As inscricións xa están abertas e ata o último día deste mes, luns 30 de setembro, aquelas persoas que desexen participar poderán beneficiarse da cota de inscrición reducida. Ata dito día, o prezo da inscrición é de:
- 8€ para o 1/2Km. Vertical. Prezo estándar a partir...
leer másA Concellería de Deportes organiza unha nova edición das escolas deportivas de inverno. O prazo de inscrición estará aberto do 25 ao 27 de setembro na Casa da Xuventude, en horario de 8:00 a 14:00 horas, e o prezo será de 8 euros ao mes por cada actividade. As escolas que se ofertan son: tenis, atletismo, patinaxe lúdico e como novidade haberá rutas en bicicleta. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, explica que esta tempada non haberá nin zumba nin patinaxe artístico, posto que estas dúas disciplinas eran impartidas por unha empresa contratada polo Concello e ao estar a Corporación Municipal en funcións a lexislación non permite facer estas licitacións.
O edil contou que “do día 25 ata o día 27 está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno do Concello de Burela. O prezo de cada actividade vai ser de 8 euros mensuais e para...
I Campionato Galego e III Interautonómico de Taiji Quan, na modalidade de Tao Lu, terá lugar este domingo, 22 de setembro, no Pavillón do CEIP Península da Paz, a partir das 10:30 horas.
A cita, na que se estima que participarán medio cento de deportistas procedentes de Galicia, Madrid, Asturias e Castela-León, foi presentada polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo Director Nacional do Departamento de Taiji Quan, Miguel Ángel Rojo.
A entrega dos trofeos está prevista para as 13:00 horas.
O Concello de Foz organiza un ano máis o Día da Bici, que se celebrará o 28 de setembro. Unha cita moi agardada por pequenos/as e maiores, que a convirte nunha actividade familiar na que compartimos unha marcha polas praias.
Sairá do Parque Infantil de Tráfico ás 16 horas e como é costume, a zona de avituallamento estará no parque do Río Ouro, onde os participantes repoñerán forzas para volver con ánimo ao punto de partida.
Ao finalizar non faltará o sorteo da bicicleta, de agasallos e dalgunha que outra sorpresa. E como non, a entrega de premios, sempre disputada: mellor disfraz, bici mellor engalanada, máis nova/o e máis veterano/a.
A inscrición será solidaria, aportando 1kg de produtos para o Banco de Alimentos. Agora mesmo o que máis falta fai son leite, aceite, cacao, conservas,...
leer másDo 27 ao 29 de setembro terá lugar en Burela o V Torneo Marosa Cup de fútbol, que reunirá a 50 equipos e a unhas 700 persoas. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, destacou o impacto económico que terá na vila este torneo. Haberá, como novidade, fútbol feminino e ademais torneo de veteranos e da liga Genuine. Na presentación celebrada esta maña no Concello, estiveron o alcalde, Alfredo Llano, o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, e o presidente da SD Burela, Jesús Manuel Ares.
O edil de Deportes dixo que “vimos de facer hoxe a presentación do que vai ser a quinta edición do torneo Marosa Cup, fixémolo o alcalde e mais eu e contamos coa presencia do presidente da Sociedade Deportiva Burela, Jesús Manuel Ares. É un torneo que ano a ano vai medrando”.
Ramiro Fernández salientou que “este ano...
leer másDo 16 ao 30 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas do Concello de Ribadeo para tempada 2019/20. En total son 12 as modalidades ofertadas. O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderá facerse ata o 15 de outubro. A nova edición das Escolas foi presentada hoxe polo concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López.
As modalidades deportivas que se impartirán son atletismo, baloncesto, fútbol, fútbol sala, hoquei liña, natación, pádel, patinaxe, rugbi, tenis, tenis de mesa e ximnasia rítmica. O inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e o remate será entre o 16 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nados entre os anos 2006 e 2015. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o 2 de outubro...
leer másO clube barreirense exercerá de anfitrión o próximo 14 de setembro no I Torneo Praias de Barreiros de fútbol sala feminino, un evento que servirá tamén de presentación oficial do conxunto de Modesto Veiga ante a súa afección.
Ademais do conxunto local, entrarán en liza o Concello de Begonte, Lieders Futsal e o ADC Burela Pescados Rubén todos eles conxuntos que competirán a próxima tempada na 1ªGalicia Senior Feminina de Lugo.
Unha tarde de fútbol sala que comezará coa presentación do equipo sénior feminino ás 15:30 e que rematará trala disputa da final fixada para as 20 horas.
Na presentación do Torneo, ademais da directiva e xogadoras do Praias de Barreiros, estiveron presentes Ana Ermida (Alcaldesa de Barreiros), Daniel García e Dámaso Ratoeira (membros da corporación municipal) así...
leer másLa trigésimo segunda edición de la marcha cicloturista de Viveiro se celebrará el sábado 14 de septiembre. Este evento deportivo, organizado por la Peña Lar, de Viveiro, comenzará en la Plaza Mayor a las 15:00 horas y concluirá en el monte San Roque. El desnivel de los últimos metros es del 8,97% y la distancia a recorrer en esta prueba es de 72 kilómetros.
Es una marcha neutralizada con tramos libres y la recogida de dorsales se realizará en el pabellón Antonio Tarrío de 13:00 a 14:45 horas.
Las inscripciones para participar deben realizarse en la web www.ranckr.com y el plazo finaliza el 12 de septiembre, jueves.