Deportes
O club de montaña focense Os Sendeiros propón unha nova andaina este mes. Será este sábado, 22 de xullo, cando os participantes realizarán a ruta de San Acisclo. Trátase dunha bonita andaina de 13 quilómetros. A saída será ás 9 horas diante do Concello e alí collerán un bus que os levará ao inicio do percorrido.
O prezo será de cinco euros para os non federados e de cero para os que si o sexan. Para anotarse ou así mesmo recibir máis información existen os números de contacto 670.369.017 (Morís) e o 606.718.482 (Laura) e tamén o correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. É obrigatorio anotarse antes do vindeiro xoves 20 de xullo xa que as prazas son limitadas.
Os organizadores informan de que se trata dunha ruta de dificultade media e se recomenda levar equipo adaptado de...
leer másO vindeiro 29 de xullo terá lugar a sétima edición da carreira Burela Bonita a partir das 19 horas. O evento foi presentado hoxe pola alcaldesa, Carmela López, e polos concelleiros de Mocidade e Deportes, Mario Pillado e Carlos Méndez.
O percorrido será de 5 quilómetros e haberá premios para as categorías absoluta masculina e feminina, que consistirán en Trofeo e 100 euros para os primeiros, Trofeo e 50 euros para os segundos e Trofeo para os terceiros.
As inscricións poden realizarse en www.sportmaniacs.com O edil de Deportes contou que “os participantes nas categorías absolutas que se inscriban ata o 23 de xullo pagarán unha cota de 8 euros e os que o fagan do 24 ao 27 de xullo abonarán 10 euros. Para as categorías menores os que se anoten ata o 23 deste mes poderán...
leer másComezan as Xornadas de Captación para que xoves menores de idade, das categorías cadete e xuvenil feminina e masculina podan probar o fútbol sala nas Escolas Deportivas Cabreiroá Burela FS de forma completamente gratuíta. A actividade terá lugar no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela nestes horarios:
Cadete masculino (nados en 2007-2008): xoves 20 e xoves 27 de xullo de 12:00 h a 13:00 h.
Xuvenil masculino (nacidos en 2004-2006): xoves 20 e xoves 27 de xullo de 13:00 h a 14:00 h.
Cadete feminino (nacidas en 2007-2008): martes 1 e xoves 3 de agosto de 12:00 h a 13:00 h
Xuvenil feminino (nacidas en 2004-2006): martes 1 e xoves 3 de agosto de 13:00 h a 14:00 h.
O período de inscrición é do 7 de xullo ao 3 de agosto a través do seguinte enlace:
...
Un ano máis, volven celebrarse os Mércores de natureza no Vicedo, actividade organizada polo concello. Nesta ocasión, estreáronse con kaiaks e táboas de Paddle SUP. Esta desenvolveuse ao longo de diferentes localizacións como Arealonga, Moledos, Porto, Vidreiro e as covas de Caolín.
Durante os meses de xullo e agosto, haberá distintas actividades e exercicios, sobre todo de mar ou río, pero tamén de sendeirismo, A próxima actividade consistirá nunha subida ao Río Sor en kaiak. A hora de encontro será ás 10 da mañá e máis información será detallada na páxina de Facebook Casa Cultura O Vicedo. A inscrición para as actividades debe facerse no 982.59.01.95 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org.
Entre o 14 e o 30 de xullo celebrarase o IX Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra. A inscrición está aberta ata o día 11.
O torneo disputarase nas modalidades de individual absoluto e dobres absoluto. Ademais de xoves promesas, na que haberá dúas categorías.
A inscrición pode realizarse por teléfono nos números 687 433 380 ou 630 744 347 ou no correo electrónico clubdetenisdelamarosa@outlook.com. O custe será de quince euros na categoría individual e cinco para os participantes de dobres e xoves promesas. En todos os casos trátase de xogadores non socios. As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o vindeiro 11 de xullo ás doce da noite.
A competición, xa na súa novena edición, está organizada polo...
leer másNa cita, organizada polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local, está prevista a participación dunha trintena de xogadores procedentes de diferentes clubs galegos e asturianos
A competición comezará ás 10:00 horas e desenvolverase durante toda a xornada; haberá trofeos para os catro primeiros clasificados
O Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario este sábado, 8 de xullo, do IV Torneo Concello de Cervo de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración coa Administración local.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.
A...
leer másA piscina de Río Cobo abre o 4 de xullo.
A instalación permanecerá operativa de martes a domingo, en horario de 15:00 a 20:00 horas
Para o vindeiro sábado, 8 de xullo, o colectivo Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polas igrexas do municipio focego. A saída será ás 9 da mañá desde diante da Casa do Concello.
O prezo desta actividade é de 5 euros para os socios non federados mentres que para os federados é gratis.
O prazo para anotarse remata o venres 7 de xullo e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Os organizadores explican que é unha ruta “por una parte del patrimonio religioso de nuestro municipio: pasaremos por la capilla de San Blas, Basílica...
leer másRibadeo acollerá do 3 ao 7 de xullo un campus de fútbol do Real Oviedo no que participarán medio cento de nenos da contorna. O evento foi presentado esta mañá no Parque de San Francisco. Ao acto asistiron representantes do club asturiano, do Concello ribadense, así como do Ribadeo FC e da SD Ribadeo.
O alcalde, Dani Vega, dixo: “alégrome de que Ribadeo sexa a sede que o campus do Oviedo escolle para formar a moitos rapaces, para que os introduza no mundo do deporte. Creo que é algo moi positivo. Ribadeo é esa porta de entrada de moitas actividades que estamos ofertando e imos seguir facéndoo para que veciños e visitantes, todos disfrutemos do noso pobo, que todos amamos e respectamos, que é Ribadeo”.
O rexedor cre que “esta actividade, que empeza o día 3 e remata o 7, vai ser unha oportunidade para que moitos...
leer másO Concello ofrecerá unha recepción ás Guerreiras Laranxas mañá, 27 de xuño, despois de térense proclamado campioas de Liga esta pasada fin de semana.
A alcaldesa de Burela, Carmela López, explicou que “ás sete da tarde un tren turístico vai recoller ao equipo no pavillón Vista Alegre para percorrer as principais rúas da nosa vila e ás oito recibirémolas aquí na Praza do Concello”.
A rexedora convidou “a todos os veciños e veciñas a participar nesta homenaxe ás Guerreiras Laranxas. As rapazas do Pescados Rubén Burela FSF proclamáronse campioas de Liga esta pasada fin de semana, despois de ter conseguido a Copa da Raíña, a Supercopa de España e a Copa Xunta de Galicia esta tempada. Son unhas heroínas e esta homenaxe é mais que merecida, polo que supoñen para Burela e polos valores que transmiten sobre todo ás máis...
leer más