Deportes

Etiquetas:
30/08/2023

Ribadeo acollerá do 1 ao 3 de setembro o I Trofeo Triangular Illa Pancha de baloncesto feminino no que se darán cita tres equipos da máxima categoría nacional da Liga Endesa: Perfumerías Avenida, de Salamanca; Araski, de Vitoria; e Ensino, de Lugo. O evento está organizado polo Club de Baloncesto Ría de Ribadeo e polo Concello.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “debemos marcar nos nosos calendarios os días 1, 2 e 3 de setembro xa que terá lugar na nosa vila o primeiro Trofeo Triangular Illa Pancha no que contaremos con tres equipos de baloncesto da máxima categoría nacional da Liga Endesa Feminina. Estarán por primeira vez en Ribadeo o Perfumerías Avenida de Salamanca, o Araski de Vitoria e o Ensino de Lugo. No Concello estamos orgullosos de acoller un evento deportivo destas características”.

O edil...

leer más
Etiquetas:
28/08/2023

A Asociación Cultural-Deportiva Xove presenta a nova tempada de actividades, que inclúe algunhas novidades. Ata o 3 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas súas escolas. O proceso debe realizarse na páxina web www.acdxove.com cubrindo o formulario de inscrición 2023-2024. Para poder efectuarse, débese primeiramente ser socio, que se xestionará contactando coa Xunta Directiva da Asociación. Isto implica unha cota de 15 euros mensuais por familia abonado en pagos semestrais.

Outra das novidades será a ampliación da tempada. Nesta ocasión as actividades comezarán o 11 de setembro e rematarán o 15 de xuño. Previamente, a presentación da tempada será o 9 de setembro ás 20 horas no Pavillón Municipal de Xove. 

Ademais aumenta a oferta de actividades. Por unha banda,...

leer más
Etiquetas:
26/08/2023

O 3 de setembro terá lugar o Día da Bicicleta en Ribadeo. O evento foi presentado no Concello. 
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, sinalou que “estamos moi contentos de volver recuperar este evento deportivo tras a pandemia da covid, debido á paixón que hai pola bicicleta en Ribadeo. Queremos agradecerlle a La Voz de Galicia que promova de novo a celebración deste día no que agardamos reunir a unhas 200 ou 300 persoas”.

O edil contou que “nos concentraremos o 3 de setembro ás 10:30 horas diante do Concello, desde onde sairemos ás 11 da mañá. Os participantes percorrerán as rúas do casco urbano ata o Faro para retornar despois ao punto de partida. Aquí a carón do Pazo de Ibáñez realizaremos un sorteo de agasallos, entre os que contaremos cunha bicicleta. Animamos ás familias a acudir a esta cita na que estou convencido...

leer más
23/08/2023

Cervo será o escenario da I Carreira Popular Sanci KM, o mércores 30 de setembro, a partir das 19:00 horas e terá como punto neurálxico a Praza dos Campos en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola presidenta do Club Maderas Barcia Cervo, Patricia Calvo, e  por unha representación das bases de esta entidade deportiva, que organiza o evento coa colaboración da Administración local. 

Tal e como explicaron desde a organización, a inscrición permanecerá aberta ata o próximo 27 de agosto a través da ligazón  https://xn--tourmaria-s6a.com/es/web/evento/2590/, e ademais da carreira de adultos, tamén establecerán percorridos alternativos adaptados ás crianzas, desde a...

leer más
Etiquetas:
22/08/2023

O Concello de Burela acollerá dende mañá, 23 de agosto, ata finalizado o mes de novembro, o seu Campus de Taekwondo. Este desenvolverase todos os luns, mércores e venres de 16:00 a 17:00 no pavillón Os Castros. 

A actividade será gratuíta, como parte do Plan Corresponsables para favorecer a conciliación familiar. Poderá participar a rapazada de 3 a 16 anos para formarse neste deporte. 

Presentaron o evento o tenente de alcaldesa Mario Pillado, o adestrador nacional de taekwondo Juan Carlos Quintana e o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez. 

Será necesario anotarse na actividade contactando coa entidade organizadora Club Jansu, de Vilalba, a través do correo electrónico juancaqd@gmail.com ou no teléfono 651577247.

 

Etiquetas:
22/08/2023

O 3 de setembro en Riotorto celebrarase a terceira edición da ruta pola montaña en bicicleta “Desafío do ferro”, organizada pola asociación do mesmo nome. O circuíto comeza e remata en Riotorto, pasando pola Pontenova.  Queda á elección de cada participante a distancia do desafío, a escoller entre dúas opcións: 50 km ou 29 km.

As inscricións poderán realizarse antes do 29 de agosto na páxina web...

leer más
Etiquetas:
21/08/2023

A Federación Galega de Atletismo organizará o sábado 26 de agosto en Lourenzá os campionatos Xunta de Galicia de milla en ruta absoluto e das categorías sub 18, sub 20, sub 23 e máster e os de un quilómetro en ruta das categorías sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.

A inscrición popular pode facerse na web www.carreirasgalegas.com.

Este evento deportivo conta co patrocinio do Concello de Lourenzá e a colaboración do club Escolas Deportivas Lourenzá.

 

Etiquetas:
21/08/2023

Burela acolle este mércores, 23 de agosto, un partido amistoso de pretemporada de baloncesto feminino, que disputarán os equipos Ensino de Lugo e BAXI Ferrol.

Presentaron o evento, por parte do Club Baloncesto de Burela, Rogelio Cayón, por parte do Ensino de Lugo, Cata Pollini, e por parte do Concello de Burella, o edil de Deportes, Carlos Méndez.

O encontro terá lugar o 23 de agosto ás 20:00 no pavillón Vista Alegre. A entrada será de balde.

 

Etiquetas:
21/08/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Ouro en Fazouro, no municipio de Foz, para o 3 de setembro, domingo. A distancia a percorrer son 11 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Descanso.

A saída será ás 10:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 31 de agosto, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 619.37.80.29. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 30 euros para os que non o son.

Etiquetas:
19/08/2023

O Concello de Cervo será o escenario do I Trail A Fume de Carozo o sábado, 2 de setembro, a partir das 10:00 horas.

A cita deportiva foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, e por unha representación dos membros do club local A Fume de Carozo, en San Ciprián, onde se situará a saída e a meta do evento, en concreto na Praza dos Campos.

Tal e como explicaron desde a organización, haberá unha andaina de 13 quilómetros cun desnivel aproximado de +300 metros, un trail de 16 quilómetros cun desnivel aproximado de +600 metros e un trail de 25 quilómetros cun desnivel aproximado de +900 metros.

Nos trails tan só poderán participar as persoas maiores de 18 anos, pero a Andaina si que estará aberta para menores coa correspondente autorización do pai, nai ou titor/a.
Toda a...

leer más