Na IV Gala do Deporte do Concello de Ribadeo, que se celebrará o 2 de abril, serán premiados 199 deportistas locais.

O vindeiro luns, 2 de abril, ás 20:30 horas terá lugar no pavillón de deportes a IV Gala do Deporte, que organiza o Concello de Ribadeo. 

Serán 199 os deportistas locais premiados de 13 modalidades deportivas: atletismo, baloncesto, billarda, fútbol sala, fútbol, pádel, piragüismo, remo, rugbi, surf, tiro olímpico, tenis de mesa e ximnasia rítmica. Entre todos eles hai campións de España, de Galicia, de Asturias, provinciais ou comarcais, tamén deportistas que debutaron na primeira división da súa modalidade, hai equipos e tamén deportistas individuais. 

O acto estará presidido polo alcalde, Fernando Suárez Barcia.