Cursos
A UNED-Aula Universitaria de Foz ten aberto ata o 23 de outubro o prazo de matrícula para o curso 2019-2020. Foi presentado polo alcalde, Fran Cajoto; o concelleiro de Cultura e Educación, Héctor Moris; e a coordinadora do centro, María Fuensanta Otero.
Héctor Moris destacou que “para este goberno a educación é un dos piares básicos de calquera sociedade, xa que sen coñecemento e cultura non pode avanzar e perde por completo a súa liberdade. Dentro de toda a oferta de ensino regrado superior destaca a UNED como elemento de universalización da educación xa que permite a formación daquelas persoas que debido ás súas circunstancias non poderían optar a ela nin rematar os seus estudos. Ofrece unha liberdade de horario xunto cunha ampla oferta formativa e así calquera persoa pode acceder a ela. Dentro da UNED compre destacar o labor da aula de...
leer másA asociación A Pomba do Arco, de Foz, organiza un curso de gaita e percusión que dará comezo o día 2 de outubro.
A actividade desenvolverase todos os mércores ás 21:30 horas na sala Bahía.
Impartiranse todos os niveis, en música tradicional, de gaita, tamboril, bombo e pandeireta.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 1 de outubro no número de teléfono 645 062 817 ou o día do curso no propio local.
Os Concellos do Vicedo e de Mañón e a Xunta de Galicia organizan un Curso de Turismo, Educación e Ocio vinculado á Ornitoloxía na costa norte de Galicia, que terá lugar os días 4, 5 e 6 de outubro.
A actividade é gratuíta e está dirixida a persoas de 18 a 30 anos. As prazas son limitadas.
O venres, 4 de outubro, o curso desenvolverase no Concello do Vicedo. Pola mañá están programadas charlas sobre as paisaxes no norte de Galicia e as súas aves terrestres e mariñas, ademais haberá un paseo ornitolóxico guiado pola costa do Vicedo. Pola tarde terá lugar unha observación de aves desde o cabo de Estaca de Bares.
O sábado, 5 de outubro, a actividade seguirá no Concello de Mañón. Pola mañá celebraranse charlas sobre as migracións das aves e a súa conservación, ademais dun paseo ornitolóxico....
leer másEl próximo 1 de octubre vuelven en Academia A Mariña, en Burela, las clases de inglés y de apoyo para el alumnado de primaria y de la ESO.
La directora de Academia A Mariña, Becky Hermida, señala que “el 1 de octubre arranca una nueva edición de las clases de apoyo para los niños y niñas de primaria y de la ESO. Además de las clases de inglés”.
Las clases de primaria serán los lunes y miércoles de 16:00 a 17:30 horas y los martes y jueves de 16:00 a 17:00 horas.
Las destinadas al alumnado de ESO serán los lunes y miércoles de 17:30 a 19:00 horas y los martes y jueves de 18:00 a 19:00 horas.
Y las clases de inglés tendrán lugar los martes y jueves de 17:00 a 18:00 horas.
Becky Hermida indica que “estas clases de refuerzo y apoyo sirven...
leer másA delegación de Dinamización e Participación Veciñal do Concello de Barreiros, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil, organiza un curso de técnicas de relaxación e concentración.
A actividade dará comezo o día 4 de outubro e desenvolverase ata o 29 de maio de 2020, de luns a venres, en horario de 10:30 a 11:30 horas. Terá lugar no salón de usos múltiples do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
As persoas interesadas poderán inscribirse na Oficina de Información Xuvenil ata o 30 de setembro. As prazas son limitadas.
A Concellería de Servizos Sociais organiza unha nova edición do curso de Bailes de Salón. O prazo de inscrición abrirase este venres, 13 de setembro.
As persoas interesadas poden anotarse na Casa do Concello de xeito presencial.
A actividade dará comezo o 17 de setembro e rematará o 17 de decembro de 2019. Desenvolverase os martes en tres quendas, con horarios de 18:45 a 20:00, de 20:00 a 21:15 e de 21:15 a 22:30 horas.
Os interesad@s en participar nestas clases de baile de salón poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982 58 06 09.
O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Ciprián.
A actividade foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés o presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, José Villarino.
As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648.033.250 ou 620.817.300.
O vindeiro xoves, 12 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.
As sesións, unha á semana, serán...
leer másA Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal, organiza un obradoiro de cartón dirixido a nenos e nenas maiores de 6 anos.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura o 28 de setembro ás 11:30 horas.
As persoas interesadas poden anotarse desde hoxe, 9 de setembro, e ata o día 20 deste mes na Biblioteca Municipal en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Neste obradoiro os participantes poderán construír personaxes, escenografías, obxectos e calquera outra cousa que se poida realizar a partir do cartón. Os asistentes só precisarán un marcador, tesouras, cinta de papel e unhas pequenas instrucións para darlle corpo ás súas ideas.
Este taller está incluído no programa "Ler conta moito" para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e...
leer másO Concello de Trabada organiza un taller de fotografía básica para turismo e deporte ao aire libre.
A actividade terá lugar o día 3 de outubro en horario de 16:30 a 19:30 e será impartido por José Gadea.
O obxectivo deste obradoiro é que os participantes aprendan a sacar o máximo partido ao seu negocio en Internet.
Co fin de facilitar a inscrición das persoas interesadas en participar neste obradoiro, o Concello de Trabada publica o formulario no facebook de Turismo de Trabada.
O vindeiro luns, 26 de agosto, ábrese o prazo de inscrición no programa AXILMENTE, que organiza a Concellería de Servizos Sociais, en Burela.
A edil Noelia Mª Ben explicou que “dende o vindeiro luns, 26 de agosto, e ata esgotar prazas (2 grupos de 15), as persoas maiores de 65 anos residentes no Concello de Burela, con preferencia os/as empadroados/as, poderán inscribirse no programa AXILMENTE, que terá lugar en dúas quendas: luns/mércores e martes/xoves de 17:00 a 18:30 horas na Casa da Terceira Idade. A actividade dará comezo o 2 de setembro”.
A concelleira de Servizos Sociais sinalou que “se trata dun obradoiro de promoción da autonomía persoal, de carácter gratuíto, baseado na estimulación cognitiva e na prevención da dependencia, no que se pretenden traballar as variables que determinan o envellecemento...
leer más