Cursos
O Concello de Viveiro informa a todos os veciños e veciñas que o Campamento Urbano de Verán comezará o vindeiro 3 de agosto de 2020, coa aplicación de todas as medidas de prevención, protección e hixiene e de todos os protocolos do Covid-19 para garantir a seguridade dos nenos e nenas participantes.
Realizarase no pavillón do CEP Lois Tobío e o seu horario será de 8.30 a 14.00 horas, de luns a venres. Ofértanse un total de 54 prazas.
“Coa prestación deste servizo, o Concello de Viveiro pretende favorecer a conciliación familiar, ofrecendo un recurso axeitado ás familias que por motivos laborais se atopan con dificultades para compaxinar a vida profesional e a crianza dos nenos e nenas”, explica a alcaldesa, María Loureiro.
Inicialmente estaba previsto que este campamento comezase o 8 de...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo anima a participar no campamento tecnolóxico Constrúe na casa. Está dirixido a nenos e nenas a partir de 6 anos e o prazo de inscrición remata o vindeiro luns, 27 de xullo. Esta actividade está organizada pola Rede CeMIT en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “o obxectivo desta actividade é espertar e fomentar a curiosidade e creatividade entre alumnos de primaria e secundaria, e o seu interese pola tecnoloxía”.
A edil ribadense subliñou que “o programa deste ano desenvolverase de xeito online desde os fogares dos rapaces, debido ao Covid-19. Terán preferencia de inscrición todos os usuarios e usuarias das aulas da Rede CeMIT e empregarase o criterio de orde de chegada das...
leer másLa UNED-Aula Universitaria de Foz abre el plazo de matrícula para este nuevo curso y oferta 28 grados, 11 grados combinados, 79 másteres y un curso de acceso para mayores de 25 y 45 años. Los interesados tendrán de plazo hasta el 22 de octubre para formalizar la matrícula.
El centro pone a disposición de los estudiantes las titulaciones y recursos que puede ofrecer una universidad presencial, pero con libertad para conciliar la vida laboral y familiar con la formación que requiere la sociedad.
La coordinadora de la UNED-Aula Universitaria de Foz, Mª Fuensanta Otero Beltrán, explica que “la combinación de formación online y semipresencial apoyada en una plataforma propia permite que la UNED sea la única universidad española que no aplica notas de corte a las solicitudes de sus futuros estudiantes”.
... leer másA piscina municipal da Pontenova inicia os seus cursos de natación de verán para nenos e adultos. A presentación será o vindeiro 17 de xullo, ás 13:00 horas para os nenos e nenas e a partir das 20:00 horas para os adultos. Este curso dividirase en dúas sesións semanais (martes e xoves) desde o 21 de xullo ata o 13 de agosto.
O prezo total da tempada serán 30 euros, aínda que se poderá abonar semanalmente cunha tarifa de 8 euros por semana. Ademais, os máis pequenos gozarán de dúas sesións: unha de perfeccionamento entre as 12:00 e as 12:45 horas e outra de iniciación, desde as 13:00 ás 13:45 horas.
Por outra banda, o curso para adultos comezará ás 20:00 horas e finalizará ás 20:45 horas. Os interesados poden poñerse en contacto chamando ao teléfono 686 66 52 77 ou ao 678 72 80 15.
O Concello de Burela presentou a Ocioteca Verán 2020, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto. Está dirixida ao alumnado que estea matriculado no curso escolar 2019-2020 en segundo ciclo de Educación Infantil con idades entre os 3 e os 6 anos e toda Primaria ou que teñan 3 anos cumpridos no momento da inscrición. Será ademais requisito obrigatorio estar empadroado en Burela. No acto desta mañá estiveron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, e as monitoras de Gaia.
A inscrición na Ocioteca de Verán estará aberta do 29 de xuño ao 1 de xullo na oficina de Gaia, situada na Praza de Abastos, antiga Capitanía Marítima. Unha vez rematado este prazo deberase chamar aos teléfonos 982 580 867 ou 647 136 673, mirar na páxina web municipal ou no taboleiro de anuncios do Concello para consultar as...
leer másO Concello de Xove pon en marcha durante o mes de xullo o Taller de Memoria.
O obxectivo da Concellería de Servizos Sociais, que dirixe Ana Abad, é continuar deste xeito realizando actividades dirixidas a manter un envellecemento activo das persoas maiores do municipio.
Este ano, debido ás medidas de seguridade decretadas pola alerta sanitaria do Covid-19, a actividade non será presencial. Os participantes teñen que ser maiores de 60 anos e as persoas interesadas deben contactar telefonicamente coa educadora familiar Angélica Casabella, responsable do servizo. Unha vez anotadas deberán recoller, no Concello, o material de memoria cada quince días.
O vindeiro luns, 22 de xuño, ábrese o prazo para a renovación das matrículas do alumnado da EMMeD para o curso escolar 2020/2021.
Hugo García, responsable da Escola, sinala que “tras este remate de curso a distancia, dado que a Consellería de Educación non autorizou a apertura deste tipo de centros, xa se está a traballar na organización do próximo curso e na adaptación das instalación para adecuarse á nova normalidade”.
E subliña que “este ano, como novidade e para garantir a seguridade de todas as persoas, a matrícula realizarase de xeito telemático, inclusive o pago das taxas. Así as persoas usuarias deste servizo non terán que desprazarse ata o centro, como viña sendo habitual. A renovación destas matrículas poderase facer dende o 22 de xuño ata o 22 de xullo, ambos inclusive”.
García...
leer másA Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá a realización de exames universitarios destinados a aquel alumnado con dificultades para examinarse online desde os seus fogares.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “a Amtega xunto coa Fegamp e as tres Universidades galegas asinaron un acordo para posibilitar a realización destas probas que se desenvolverán ata o vindeiro 31 de xullo. E o Concello de Ribadeo súmase a esta iniciativa”.
A edil nacionalista dixo que “o alumnado interesado en acudir á Aula CeMIT ribadense deberá rexistrarse como usuario/a da Rede CeMIT na web de CeMIT, premendo o botón alta novo usuario/a. Ao finalizar o proceso remitirase un correo electrónico coa confirmación da alta, o nome de usuario e contrasinal”.
E engadiu que “os interesados...
leer másLa UNED-Aula Universitaria de Foz organiza una nueva actividad titulada Espacio de Diseño-Diseño de Idea (Desing Thinking).
El objetivo es crear ideas para configurar proyectos tanto personales como empresariales y la metodología de diseño de ideas para organizarse a la hora de crear una expectativa de futuro.
La actividad se desarrollará del 29 de abril al 4 de mayo en horario de 18:30 a 19:30 horas. Se abordarán la creación de una lluvia de ideas diferentes online, la priorización de las ideas, la elaboración del camino a los usuarios y el diseño de soluciones a las situaciones que se planteen.
Este curso es gratuito y se realiza íntegramente online (en directo o en diferido). Las personas interesadas pueden ponerse en contacto con el Aula Universitaria de Foz, en el número de teléfono...
leer más