A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Pública Municipal, organiza un obradoiro de cartón dirixido a nenos e nenas maiores de 6 anos.
A actividade terá lugar na Casa da Cultura o 28 de setembro ás 11:30 horas.
As persoas interesadas poden anotarse desde hoxe, 9 de setembro, e ata o día 20 deste mes na Biblioteca Municipal en horario de 9:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Neste obradoiro os participantes poderán construír personaxes, escenografías, obxectos e calquera outra cousa que se poida realizar a partir do cartón. Os asistentes só precisarán un marcador, tesouras, cinta de papel e unhas pequenas instrucións para darlle corpo ás súas ideas.
Este taller está incluído no programa "Ler conta moito" para a dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración cos Concellos.